30 de septiembre de 2010

Cullereiros no CIUG

Cullereiros, Platalea leucorodia no Complexo Intermareal Umia O Grove
Emilio Martínez Sabarís


No ano 1982 declarábase  o Complexo Intermareal Umia O Grove como refuxio de fauna, con isto desaparecería a presión cinexética á que estaba sometido. Co paso dos anos aumentaría a diversidade e a cantidade de aves acuáticas que ocuparían este enclave ó longo de todo o ano, sendo o inverno a época mais importante por recoller varios milleiros de aves acuáticas.
Xa son mais de 300 as especies de aves citadas no lugar, sen dúbida a que máis valor lle está a dar ó espazo na actualidade é o Cullereiro Platalea leucorodia .
A principio dos anos 80 aparecen os primeiros Cullereiros, sendo entre 1983 e o ano 1985 1-2 aves, 4 aves no 1987, 9 aves no 1988 e aumentando ata perto das 250 no 2009.
A diferencia doutros lugares, neste espazo, quedan durante a invernada actualmente ó redor das 150 aves, considerándose un dos millores lugares de Europa para a invernada da especie, xa que a gran maioría da poboación europea pasa os invernos en terras africanas.
Co anelamento e utilización de marcas especiais, neste caso de aneis con cores , sen ter que capturar as aves para leer o remite dos aneis metálicos, podemos cun catalexos ou prismáticos ver as combinacións de aneis de cada individuo e con iso saber a súa procedencia, estancia no lugar, idade, etc., Ademais, unha vez remitidos os datos, neste caso por tratarse de marcas especiais á EBD (Estación Biológica de Doñana) disporemos dun historial de cada ave. Cos datos de anelamento e avistamentos noutros lugares ó longo da súa vida, o analise destes datos poderanos permitir saber cales son as rutas migratorias que seguen, canto tardan en ir dun lugar a outro, canto tempo necesitan para criar, invernar etc. Todo isto amosaranos cales son os lugares que hai que protexer para que a especie manteña unhas poboacións saudables.

Dende principios dos anos 90 veño facendo un seguimento das espátulas que visitan o CIUG, ainda que non de forma intensiva. A finais do verán e principios do outono coincidindo cos maiores números de aves e primeiras chegadas de aves marcadas adoito adicarlle máis tempo a esta especie.

Grupo de Cullereiros (Platalea leucorodia) repousando depois de comer dentro do CIUG.

As primeiras chegadas de aves marcadas ó CIUG, sen dúbida representan para min os millores momentos de observacións, xa que se pode comprobar a gran fidelidade que teñen moitas destas aves a este espazo. Na foto inferior podemos ver un culleiro marcado con aneis de cores B;0/NR,RO;0. Esta ave foi marcada en Holanda o día 5-6-1987, vista no CIUG por primeira vez no inverno 1992-1993 e dende entón visitounos tódolos invernos, este ano xa está con nós.

No lado esquerdo da fotografía que sigue podemos ver un cullereiro con aneis códigos AM(L);0 / V(L),metal;0 anelada en Vlieland (Holanda) o día 1-7-1992 como a espátula anterior, este exemplar visítanos dende 1992 sen faltar ningún inverno. Agora, tamén está entre nos ainda que tardou mais que outros anos en chegar.
No lado dereito podemos ver ao cullereiro marcado con: metal,NG(KS);0 / B(KS) anelada en Vlieland (Holanda) o 20-6-1996, tamén é outra fiel coñecida que xa está por estas terras.


Este mes de setembro estando anelando limícolas na praia da Lanzada  situada dentro do CIUG, púxoseme diante este xuvenil de Cullereiro, como se pode ver demasiado perto para fotografiala enteira. Teremos que mandar os datos dos aneis de cores (metal,AZ,LI;0 / AZ solapa, AM,LI;0) para saber onde, cando e por quen foi marcada e, si foi vista nalgún outro lugar .

O día 25-9-10, censei 217 Cullereiros dentro do CIUG dos cales 36 portaban aneis de cores, somentes conseguín leer 29 completamente, sen dúbida o remite dos datos redundará nun millor coñecemento da especie e os espazos que ocupa.

Nota: Para entender a nomenclatura das marcas de cores mencionadas nesta entrada é imprescindible ler o Capítulo 4 do Manual del Anillador (Manual para el anillamiento científico de aves).

23 de septiembre de 2010

Haberá máis!

Nas anteriores entradas ofrecemoslles unha ampla mostra de imáxenes dos Odonatos presentes no Complexo Intermareal Umia O Grove (Pontevedra).

Agardamos que a divulgación de datos de seres que adoitan pasar inavertidos, tales como os Odonatos (libélulas e cabaliños do demo), sirva para que moitos dos visitantes do noso humilde blog, ampliedes o xeito de observar a natureza e estimuledes a vosa curiosidade sobre o entorno que nos rodea para percibir máis alá dos seres máis visibles o que, sen dúbida, redundará en sentir novas sensacións.

Dende o Grupo de anelamento Anduriña queremos fomentar o coñecemento do medio natural galego e orientar a súa visión como un conxunto no que cada peza (animal, flor ou brión) desempeña unha función igual de importante cas demáis.

Non perdades as próximas entradas sobre outros invertebrados, tales como as polillas ou moscas detectadas no lugar de Carballo situado no concello de Sanxenxo (Pontevedra).


Saúdos!


Emilio Martínez Sabarís

Familia Libellulidae II

Sympetrum sanguineum

Macho

Femia

Sympetrum meridionale


Macho

Macho

Femia

Femia

Sympetrum fonscolombii

Macho

Macho

Femia

Sympetrum striolatum

Macho

Femia

Trithemis annulata

Macho

Femia

Femia

Familia Libellulidae I

Orthetrum coerulescens

Macho
Femia

Orthetrum cancellatum 
Macho
Femia
Femia (de idade avanzada)

Libellula quadrimaculata
Macho
Femia
Femia
Crocothemis erythraea
Macho
Macho
Femia

21 de septiembre de 2010

Familia Platycnemidae

Platycnemis latipes

Macho

Femia

Familia Aeshnidae

Aeshna mixta
Macho

Femia

Aeshna affinis

Macho

Macho

Aeshna cyanea

Macho

Femia


Anax imperator

Macho

Femia


Anax parthenope

Macho

Macho


Anax ephippiger

Macho


Brachytron pratense

Macho


Macho


Femia


Boyeria irene

Macho


Femia