22 de diciembre de 2011

Anduriñas do Morrazo Na RTVG

Como adiantamos na anterior entrada, varios membros do Grupo de Anelamento Anduriña participaron nun programa da RTVG para divulgar o traballo que realizan co seguimento da cría de Anduriñas Hirundo rustica en varias vivendas da península do Morrazo.

Colgamos o video para os que non pudestedes visualizar o programa. Esperemos que o disfrutedes.


Se non desexades visualizar o pograma enteiro, podedes acceder ao estudo que realizamos sobre as anduriñas nos minutos 3:50, 11:14, 19:52 e 28:04.



Dende o Grupo Anduriña estamos abertos a calquer posibilidade de divulgación e educación ambiental. Podedes contactar conosco ao seguinte correo: 

anelamento.andurinha(a)gmail.com


Gracias!

16 de diciembre de 2011

Anduriñas do Morrazo


Alédanos comunicarvos que o vindeiro sábado día 17 de decembro ás 22:00, sae a reportaxe que nos fixeron desde o programa Criaturas da Televisión de Galicia, sobre o proxecto de custodia e anelamento "Anduriña do Morrazo", e que estamos a desenvolver en dita comarca desde fai tres anos.

A razón pola que nos decidimos a participar co programa na divulgación da nosa actividade, foi a de difundir o exemplo das ducias de propietarios que acollen ás anduriñas con todo o seu cariño malia ás molestias e incomodidades que lles poidan xerar cando se instalan en determinadas partes das vivendas. Estes propietarios son os auténticos conservadores desta parte do noso patrimonio natural e a eles lles debemos que a especie estea comezando a recuperarse no noso rural, despois de estar prácticamente extinta no Morrazo.

Agardamos que vos guste!!!

Unha aperta e bo nadal!!

Autor: David Álvarez Graña

1 de diciembre de 2011

Comeza a andar o proxecto de marcaxe de limícolas con aneis de cores

Xa son algúns miles os limícolas que podemos ver nas nosas costas
Coa chegada escalonada das diferentes especies de limícolas, comezamos a recoller os primeiros datos das aves que foron marcadas dentro do proxecto que temos de marcaxe de limícolas con aneis de cores. Sorpréndenos a cantidade de aves marcadas que están a retornar á zona de invernada
Xa son perto de 400 os limícolas marcados pertencentes a 11 especies diferentes, destacando en número de aves marcadas os Calidris alpina.
Calidris alpina marcado dentro do noso proxecto
Con 100 aves marcadas, os Tringa totanus son a segunda especie en número e primeira en cantidade de datos recollidos polo de agora
Tringa totanus , metal;0 / Negro ; Negro,Vermello,Negro 
Grupo de Tringa totanus onde podemos ver varios exemplares marcados do noso proxecto
Calidris alba
Numenius phaeopus
Numenius phaeopus

Desta especie foron marcadas varias aves na costa de Cangas e no Complexo Ons O Grove durante o paso prenupcial,  é nestas dúas zonas onde maior número de aves se están a marcar. Tamén se marcaron aves en Oia , O Grove, Pontevedra
Limosa limosa
Limosa limosa

Ademais de facer seguimento das aves que estamos marcando nós, estamos a recoller datos de aves amarcadas con cores noutros paises .
Pluvialis squatarola

A marcaxe de aves con aneis de cores multiplica considerablemente a cantidade de información a recoller si a comparamos cos datos que se obteñen por medio dos aneis de metal con remite.


 Pluvialis  squatarola

Tringa nebularia
Tringa nebularia 


Das poucas aves que se marcaron antes da cría, voltaron moitas ás zonas de invernada. Desta especie voltaron xa a maioría das aves marcadas.
Calidris canutus
Charadrius hiaticula
Charadrius hiaticula

Esta ave foi marcada en Islandia e recuperada por nós nunha das xornadas empregadas dentro do proxecto. Ademais, desta ave recuperáronse outras con aneis metálicos e remites extranxeiros.


Si vedes algunha ave marcada do noso proxecto, podedes mandar os datos a este enderezo: antoniofcordeiro@hotmail.com 
Mandaremos o historial completo de cada ave. Moitas gracias!