Sobre Nós:
▼
16 de diciembre de 2011
Anduriñas do Morrazo
Alédanos comunicarvos que o vindeiro sábado día 17 de decembro ás 22:00, sae a reportaxe que nos fixeron desde o programa Criaturas da Televisión de Galicia, sobre o proxecto de custodia e anelamento "Anduriña do Morrazo", e que estamos a desenvolver en dita comarca desde fai tres anos.
A razón pola que nos decidimos a participar co programa na divulgación da nosa actividade, foi a de difundir o exemplo das ducias de propietarios que acollen ás anduriñas con todo o seu cariño malia ás molestias e incomodidades que lles poidan xerar cando se instalan en determinadas partes das vivendas. Estes propietarios son os auténticos conservadores desta parte do noso patrimonio natural e a eles lles debemos que a especie estea comezando a recuperarse no noso rural, despois de estar prácticamente extinta no Morrazo.
Agardamos que vos guste!!!
Unha aperta e bo nadal!!
Autor: David Álvarez Graña
No hay comentarios:
Publicar un comentario