Este mes houbo que esperar uns 10 días sobre a data prevista de mostraxe debido ao mal tempo (chuvia e sobre todo vento) que azotou Galicia, impedindo a súa realización na data habitual (mediados de mes).
Exemplar de pica dos prados (Anthus pratensis) momentos antes de ser liberado. |
Especie capturas Media 2005-2012
A. pratensis 1 0.1
T. troglodytes 1 1.6
E. rubecula 3 4.4
T. philomelos 3 1.3
T. merula 2 3.1
S. atricapilla 1 1.6
P. collybita 3 1.1
A. caudatus 2 3.3
P. ater 1 0.3
P. caeruleus 4 0.6
P. major 2 0.6
F. coelebs 2 0.4
C. chloris 1 0.6
Nº individuos 26 26.7
Nº especies 13 11
Exemplar de ferreiriño azul (Parus caeruleus) durante o proceso de toma de datos. |
Ao igual co mes pasado, aumentou o número de ferreiriños (9 individuos de Parus spp-Aegithalos fronte aos 4.8 de media esperados), favorecido pola progresiva aparición de salgueiros nos campos abandonados. Quizá isto tamén favoreza a maior presenza de zorzal (T. philomelos), picafollas (P. collybita) e pimpín (F. coelebs).
Pola contra, constátase a ausencia de especies con preferenza polos campos máis abertos como a azulenta (P. modularis) e a carriza dos xuncos (C. juncidis), cunha media de 2.7 e 1.0 aves neste mes en anos previos. Nos últimos anos apréciase unha tónica xeral nestas especies cara a facerse cada vez máis raras.
Autor texto: Antonio Fernández Cordeiro.
Autor fotografías: Marta Santomé.
No hay comentarios:
Publicar un comentario