Dende o Grupo de Anelamento Anduriña, queremos salientar a inadecuada presenza de múltiples exemplares de Cortaderia selloana nos xardíns da EDAR de Vigo. Esta especie, dada a súa localización, non fai máis que incrementar gravemente a degradación do humidal “Xunqueira do Lagares”.
A Cortaderia selloana ou Herba da Pampa é unha gramínea invasora incluída no “Listado y Catálogo Español de Especies Exóticas Invasoras” (Real Decreto 630/2013), no “Atlas de las Plantas Alóctonas Invasoras en España”, e no “Listado de Plantas Exóticas e Invasoras de Galicia, Asturias, Cantabria e Pais Vasco”.
Cortaderia selloana ou Herba da Pampa no noiro do río Lagares. Autora: Soledad Bastos. |
Segundo o R. D., as especies exóticas invasoras constitúen unha das principais causas de perda de biodiversidade no mundo, circunstancia que se agrava en hábitats e ecosistemas especialmente vulnerables. As incluídas no anexo (como a Cortaderia) “constitúen unha ameaza grave para as especies autóctonas, os hábitats ou os ecosistemas”.
Cortaderia selloana no noiro da EDAR de Vigo. Autora: Soledad Bastos. |
Boas,
ResponderEliminaro certo e que non so e a herba da pampa. Nun percorrido polo sendeiro do Lagares, principalmente dende castrelos cara Samil, podes atopar Tradescantia, Tritonia, Vinca, Cana, e seguro que me deixo algunha mais.
Saudos,
Cesar