25 de junio de 2010

Cirrio Pálido

O día 21 de maio, tras ser avisado por un amigo da entrada dun cirrio nunha casa, o compañeiro Emilio Martínez dirixiuse a comprobar o estado da ave e liberar o exemplar. A súa sorpresa foi maiuscula ao toparse cun Cirrio pálido Apus pallidus. O exemplar foi marcado con anela metálica e constitúe probablemente o primer cirrio pálido anelado en Galicia.

 

O cirrio foi sexado como femia adulta (código 4) e placa código 1 (sen plumas na zona ventral, coa pel lisa e de cor vermella oscura).

  


A curiosa e peculiar bioloxía e ecoloxía dos cirrios complica o seu estudio xa que son especies que só tocan terra para criar (durmindo incluso no aire) e poñen os seus ovos en lugares inaccesibles situados en buracos de vivendas e estruturas. 
Unha das súas maiores ameazas son a reforma dos tellados e restauración de fachadas con encintado de fendas que eliminan os puntos de nidificación empregados polos cirrios, aínda estando estes protexidos polo Convenio de Berna. Debido ao seu carácter colonial foxen de ocupar novas zonas, polo que a perda dunha destas colonias pode chegar a supoñer a extinción local da especie.



En Sanxenxo, o concello no que foi capturada a ave, varias parellas levan criando uns anos entre 6 e 9 parellas (Emilio Martínez e Encarna  Rodiño com. pers.). O Cirrio pálido  e a Andoriña daurica Hirundo daurica son algunhas das especies que posiblemente debido ao cambio climático están en clara expansión na comunidade galega.

En Galicia hai, cando menos, outras dúas colonias de cirrio pálido en Vigo (no Hospital Xeral e m
áis no Náutico). Non pode descartarse a presenza do cirrio pálido noutras localidades costeiras de Galicia (incluso dende fai tempo), debido á dificultade para identificar correctamente á especie en voo.

No apartado DESCARGAS podedes atopar un panel que foi presentado no derradeiro congreso da SGO sobre a expansión da Anduriña daúrica en Galicia.

Fotos: Emilio Martínez