Marcas nasais e Anátidas

Anelamento e marcaxe de Anátidas con placas nasais no CIUG (Complexo Intermareal Umia-O Grove).
O día 10 de agosto de 1997 atópase un pato predado na barreira da Fianteira situada no  CIUG que tiña marca nasal e anel metálico de remite Portugués. O exemplar en cuestión, fora anelado na Reserva das Dunas de San Jacinto Aveiro (Portugal).
Dende entón comeza un contacto continuo con David Rodrigues, un anelador luso que está a realizar un complexo estudio da ecoloxía das anátidas en Portugal.
No verán de 2002, Emilio Martínez, membro do Grupo de anelamento Anduriña captura en Galicia os primeiros patos que serán individualizados con marca nasal. Ata a actualidade, un total de 252 anátidas foron capturadas, aneladas e marcadas con placas nasais.

  
¿Porqué empregar placas nasais? 
As marcas nasais forman parte do grupo de marcas especiais; son métodos complementarios para identificar un individuo. A diferenza dos aneis metálicos, non é preciso recapturar as aves para recoñecer a cada individuo marcado previamente xa que estas marcas posuen códigos alfanuméricos que se poden ler a distancia. Isto, evita molestias á/s especie/s obxeto de estudo, diminue costes, esforzo de campo e incrementa sustancialmente a tasa de obtención datos.
Sen embargo, segue sendo un método constantemente cuestionado, a pesar de que diversos estudios demostraron que as marcas nasais son inocuas e non lle crean ningún tipo de molestia aos exemplares marcados (Calvo & Furness 1992).
Femia de Anas acuta previa ser capturada e identificada cunha marca nasal
O mesmo exemplar aliméntandose na Marisma do Vao (CIUG)

Macho de Anas acuta marcado con anel metálico fotografado no CIUG

Na fotografía superior, podemos observar un macho de Anas acuta marcado con anel metálico. O feito de non poder visualizar o código incrito na anela metálica que individualiza o pato, non permite obter certos datos importantes para millorar a información sobre a ecoloxía do pato rabudo (movementos dispersivos, fidelidade á zona de invernada, etc.). As marcas especiais permiten incrementar a tasa de recuperación das especies que son obxeto de estudo (unha recuperación é voltar a visualizar un exemplar que foi anelado ou marcado) o que permite a longo prazo realizar estudos complexos sobre a bioloxía e ecoloxía das especies que estamos a estudar así como as zonas nas que se alimentan, invernan ou se reproducen obtendo datos valiosos de cara a súa conservación e protección.

Exemplos do aumento da tasa de recuperación:

Pato asubión Anas penelope marcado no CIUG

Dentro deste estudo marcáronse 5 patos asubieiros Anas penelope un dos cales foi recuperado en Islandia.
Ata agora e dende o inicio do estudo, cerca de 2.000 individuos diferentes de Anade real marcados en diferentes lugares de Portugal (maioritariamente na Reserva Natural das Dunas de San Jacinto en Aveiro.foron vistos en Galicia por distintos observadores.

Macho de Anade real anelado na reserva Natural das Dunas de san Jacinto e visto no CIUG

Nos derradeiros anos,  incrementouse o esforzo de marcaxe de patos con placas nasais, así xa son varios os lugares de Europa nos que se están a marcar patos con este sistema permitindo obter unha valiosa sobre as nosas anátidas, tanto das poboacións sedentarias como as migradoras.
Ademáis, estase a realizar un seguemento exhaustivo da influencia aviaria no CIUG. As anátidas son os maiores vectores de propagación destes virus.

Anas crecca marcada en Francia


Macho de Anas acuta capturado para anelamento dentro do CIUG e a súa posterior toma de mostras para a Gripe Aviar


Os centos de datos obtidos das lecturas de marcas nasais ou de aves marcadas en Galicia, das marcaxes realizadas en Portugal e vistas noutras comunidades ou paises, están pendentes de análisis, pero, sen dúbida reportarán unha información cuantiosa acerca das rutas migratorias dos nosos patos, ademáis interesantísima información acerca da ecoloxía dalguns taxóns (especialmente os Azulóns).
Máis info en:
http://www.esac.pt/AvesAquaticasCinegeticas/

http://www.pt-ducks.com/

Contacto: emi_doel (a) yahoo.es