Ainda que o grupo de anelamento Anduriña adícase especialmente ao estudo das aves, as nosas saidas ao campo son aproveitadas para recadar información sobre outros seres vivos.
Un dos grupos nos que estamos actualmente recollendo datos son os insectos, entre os cales prestamos especial atención aos odonatos, Bolvoretas nocturnas e diferentes tipos de Dípteros.
Xeralmente e por distintos motivos alleos a nos (falta de tempo e recursos materiais e humáns) non podemos adicarnos á un amplo e profundo estudo destes pequenos animais pero unha simple recollida de datos, como a presenza de diferentes especies en determinados lugares mostrase interesante de cara a aumentar o coñecemento da distribución destes taxóns e á protección de espazos que alberguen especies ameazadas.
Un dos grupos nos que estamos actualmente recollendo datos son os insectos, entre os cales prestamos especial atención aos odonatos, Bolvoretas nocturnas e diferentes tipos de Dípteros.
Xeralmente e por distintos motivos alleos a nos (falta de tempo e recursos materiais e humáns) non podemos adicarnos á un amplo e profundo estudo destes pequenos animais pero unha simple recollida de datos, como a presenza de diferentes especies en determinados lugares mostrase interesante de cara a aumentar o coñecemento da distribución destes taxóns e á protección de espazos que alberguen especies ameazadas.
ODONATOS
A continuación detállase un listado de Odonatos atopados na cuadrícula NH10 10x10km que engloba a zona do CIUG (Complexo Intermareal Umia-O Grove) protexido pola Red Natura 2000, e que conta entre outros selos de protección, con ser Zona ZEPA e figurar no catálogo dos Humedais Ramsar.
As primeiras citas das especies para esta cuadrícula veñen destacadas en negrita e foron datos aportados por membros do noso grupo de estudo (Emilio Martínez Sabarís e Pablo Sanmartín).
Destacadas en cor azul aparecen as especies recollidas no traballo realizado por M.azpilicueta e A.Cordero (2007), todos estes exemplares foron avistados polos membros do noso grupo posteriormente.
Coa actualización de datos aportados por Emilio Martínez e Pablo Sanmartín, o C.I.U.G. pasa a ser o lugar con maior diversidade de odonatos de Galicia e conta cun total de 40 especies citadas. Ademáis, podemos resaltar a aportación dunha nova especie para Galicia, a confirmación de cría de especies escasas na Península ibérica e o feito de que neste listado aparecen 4 especies protexidas.
Listado de especies:
Guía de identificación fotográfica:
Nas vindeiras entradas, presentamos fotografías que facilitaran ao lector o recoñecemento das diferentes especies. No blog engadimos unha pestaña para que esta guía de identificación non se perda entre as entradas e sea facilmente accesible a todolos interesados. Pinchando en cada unha das especies e familias do listado anterior accederedes ás fotografías dos exemplares correspondentes.
Queremos mencionar que o manexo de fauna silvestre precisa das autorizacións pertinentes outorgadas polas diferentes administracións. A manipulación, toma de datos e de fotografías levadas a cabo durante este estudo foron realizadas cos permisos necesarios concedidos aos autores:
Emilio Martínez Sabarís e Pablo Sanmartín.
Esperamos que sexa do voso agrado!
Actualizacións:
Primeiros datos de reproducción de Anax ephippiger en Galicia.
Esperamos que sexa do voso agrado!
Actualizacións:
Primeiros datos de reproducción de Anax ephippiger en Galicia.
4 comentarios:
Ola!
Ante todo, felicitar a Emilio e Pablo polo traballo feito en favor dos odonatos do Complexo Ons-O Grove e doutras áreas veciñas. Eu seguirei traballando de xeito extensivo nos odonatos doutras zonas de Galicia.
Repasade os nomes científicos das libélulas que se colou algunha errata. Tamén formato (negrita, cursivas).
Saúdos,
Damián
Gracias Damián,
Os erros foron subsanados..que choio da o HTML..
Unha aperta meu e parabéns polo bodorriooooo!!!
Disfruta en Gambia e coidate!
Rubén
Primeiro felicitarvos polo traballo,moi completo.
Segundo, creo que non é moi correcto decir "... pasa a ser o lugar con maior diversidade de odonatos de Galicia" por que a diversidade de rexistros indica que estos pertecen a varias localidades dentro da cuadricula e en todo caso seria ou ou é a cuadricula con mais especies rexistradas ( esto non equivale a que sexa a que mais ten). Por desgracia non se ten prospectado todalas cuadriculas de xeito tan exhaustivo como esta.
O que esta claro e que é unha zona moi interesante e moi impòrtante para varias especies.
No texto aparece a referencia: M.azpilicueta e A.Cordero (2007)., esta referencia leva enlaza cun listado de publicacions no que non hai ningunha que coincida con ela. a referencia non sera a do articulo:
Azpilicueta Amorín, M.; C. Rey Rañó; F. Docampo Barrueco; X.L. Rey Muñiz & A. Cordero Rivera. 2007. A preliminary study of biodiversity hotspots for Odonates in Galicia (NW Spain). Odonatologica, 36: 1-12.
Publicar un comentario