23 de abril de 2011

Primeiros datos de reproducción de Anax ephippiger en Galicia

Emilio Martínez Sabarís

Nos últimos tempos, posiblemente a consecuencia do cambio climático están aparecendo con mais frecuencia en Galicia especies novas de insectos procedentes de localidades mais sureñas. Este feito fai que algunhas delas se reproduzcan e se asenten como poboacións na nosa terra. Os odonatos ou libélulas non escapan a estas circunstancias.
Trithemis annulata apareceu por primeira vez en Galicia no 2002 (C. Ayres, I. González, O. Lorenzo, A. Cordero 2005). É unha libélula moi abundante en Africa tropical que pouco a pouco se está a expandir por Europa. Dentro da Rede Natura 2000 Ons - O Grove foi citada por primeira vez na primavera de 2010 na barreira da Fianteira (Cosme Damián Romai e Emilio Martínez)

Macho de Trithemis annulata barreira da Fianteira

Outra especie recentemente descuberta en Galicia é Anax Parthenope. A primeira cita data do 26-6-2010 na barreira da Fianteira, tamén dentro do espazo Ons O Grove (Emilio Martínez Sabarís). Esta especie ten unha distribución mais ampla en Europa ca anterior ainda que é mais abondosa nos zonas mediterraneas. En Galicia comprobouse a reproducción no Encoro de Fervenzas en Vimianzo (A Coruña) o 17-7-2010.

Macho de Anax parthenope barreira da Fianteira

Anax ephippiger é unha das libélulas que realiza maiores migracións hacia Europa principalmente en bos anos de reproducción en zonas de Africa e condicións favorables.
Ainda que en Galicia hai algunhas citas desta especie, todas elas indican que se trata de exemplares divagantes xa que foron vistos en outono  e inverno. Semella que o outono e o inverno do 2010-2011 foi moi favorable para a especie sobre todo en zonas das Rías Baixas en Pontevedra con numerosas citas, aínda que tamén pudo influir o maior número de persoas que prestamos atención a estes seres alados.
Na zona norte do Recón (Sanxenxo) situada dentro do espazo da Rede Natura 2000 Ons- O Grove con data 10-11-2010 se observa un tandem de Anax ephippiger ao mesmo tempo que unha femia desta especie oatópase vopositando en solitario (Emilio Martínez), non se consiguen fotografías.

Macho de Anax ehippiger barreira da Fianteira

A principios do mes de abril de 2011 se anuncia unha masa de aire africano que percorrerá a Península Iberica. Coincidindo con esta situación comezan a chover as citas de Anax ephippiger por toda a Península Ibérica incluso nalgúns lugares con centos de exemplares.
Tamén son numerosas as citas de exemplares en tandem e ovopositando.
Ainda que en Galicia tamén se viron numerosos exemplares iincluso algúns en tandem) non se viron poñendo ovos (ainda que posiblemente o fixeran nalgures).

Tandem de Anax ephippiger ovopositando na Barreira da Fianteira 21-4-2011


Tandem de Anax ephippiger ovopositando na Barreira da Fianteira 21-4-2011

Moitos dos exemplares que se viron en Galicia posiblemente seguiron migrando cara ó norte, hacia o Reino Unido, onde tamén estes días se deixou ver algún exemplar da especie.

Tandem de Anax ephippiger ovopositando na Barreira da Fianteira 21-4-2011

Outros decidiron facer parada e deixar constancia do seu paso por Galicia e quen sabe si para establecerse .

Tandem de Anax ephippiger ovopositando na Barreira da Fianteira 21-4-2011

Nas numerosas visitas á barreira da Fianteira este mes de abril sempre se veu algún exemplar de Anax ephippiger; incluso, ata 15 exemplares máis 1 tandem nas proximidades o 16-4-2011. Esta primavera tamén se viron 4 Anax parthenope o 12-4-2011 e dous o día 13-4-2011. Ainda non se viron Trithemis annulata pero seguramente aparecerán nas próximas semanas.
Esta barreira é un paraiso para os odonatos, xa son 31 as especies citadas nesta pequena charca. A máis interesante Brachytron pratense con numerosos exemplares, varios tandem e femias ovopositando estos días.

Tandem de Brachytron pratense na barreira da Fianteira

1 comentario:

ASHEGA dijo...

Boas Emilio,
eu estiven atento mais non vin nin un exemplar nin en Vigo, nin en Gandaras, nin en Pontevedra.

Saudos,

Cesar