6 de septiembre de 2010

Verquidos no Umia-Grove

O derradeiro fin de semana, algúns membros do grupo Anduriña estivemos anelando en varios puntos do Complexo Intermareal Umia-Grove. A primeira hora da mañan e aproveitando o depósito de algas mencionado na entrada anterior para tentar capturar a algún migrante despistado.


Ainda que a deposición das algas é recente (as moscas non tiveron tempo de depositar os seus ovos, nin hai larvas alimentándose nas mesmas), os resultados non foron malos, pudemos anelar algúnha píllara de colar e varios estorniños negros.
Charadrius hiaticula
Píllara de colar

Coa subida da marea, decidimos movernos de lugar e dirixirnos á enseada de Dena para tentar anelar algún dos centos de limícolas que acuden a este lugar a alimentarse e descansar durante o seu periplo migratorio.
Ao chegar alí, un forte cheiro unido á turbidez das augas e a unha cor grisácea no limo delataban un verquido.

Non era novidade no lugar, pois os vixiantes de recursos naturais, o Servizo de Protección da Natureza (SEPRONA) e o grupo de anelamento Anduriña xa denunciara repetidas veces que a empresa Serafín Santorúm S.L. desafiaba continuamente as leis medio ambientais vertendo as augas sobrantes do cocedeiro de mexillón ao Intermareal. 




As fotos non fan xusticia ao forte cheiro que reinaba cando chegamos ao lugar. Esta empresa aproveita a marea alta para que os vertidos das augas do cocedeiro pasen desapercibidos.
Despois dunha chamada ao 062, dous axentes do SEPRONA se personaron no lugar e confirmaron a ineficacia da depuradora de dita empresa polo que procederon a redacción dun informe para os distintos organismos implicados. Esperemos que a reincidencia nos feitos, a pasividade e prepotencia do propietario de dita empresa (que chega incluso a ameazar a quenes osan recriminarlle os verquidos) fagan que o instructor se decida a tramitar os feitos pola vía penal.

Ademáis, a desoladora visión dos recheos feitos á beiramar poñían a guinda ao pastel da pasividade da administración polo bo estado de Ccnservación do Intermareal, que lembramos, pertence á Rede Natura 2000, entre outros galardóns polos seus valores naturais.



 

 

Son moitas as ameazas ás que se enfrenta a biodiversidade que pervive no C.I.U.G. (alabamos nunha entrada anterior da ameaza que planea sobre a barreira da Fianteira) Entre ás agresións, podemos engadir os continuos verquidos por parte de certas conserveras, a construcción dunha pista de aterrizaxe en pleno sistema dunar (que ademáis alberga un bo número de especies ameazadas) reconvertida polo bochornoso goberno local nun aparcadoiro (o cal non é nin durante a época de máxima afluencia turística ocupado ao 50%), a creación dun polígono industrial cuxos recheos e movementos de terra fixeron que centos de kilos de terra asolagaran o río da Chanca que desemboca no intermareal sedimentando asi algunhas das zonas da ría máis empregadas pola avifauna para a súa alimentación e por último, a máis que vistosa presión urbanística e turística.

 

Outros impactos son os actos levados a cabo por Cerámicas Campoo (empresa dun familiar do coñecido ex-alcalde de Ortigueira) que están denunciados pola vía penal por unha suposta queima de centos de litros de aceite mineral. Varios veciños denunciaron ademáis que esta empresa aproveitaba a súa situación como xestor de residuos para queimar rodas.

Seguiremos denunciando e difundindo estes e outros problemas (como as molestias continuas causadas á avifauna por diversos gremios, entre eles os piragüistas) que padece o Complexo Intermareal Umia-Grove e que debería acadar unha maior protección que pasa por ter  aprobado o seu P.O.R.N. 
Xa o decían fai anos os compañeiros do Colectivo Ecoloxista do Salnés:

O Bao, Parque Natural! 

No hay comentarios: