19 de julio de 2010

A Barreira da Fianteira ameazada

Vense de presentar, con data: 16/06/2010, o informe: 


realizado polo anelador experto do Grupo de Anelamento ANDURIÑA Emilio Martínez Sabarís e polo biólogo Cosme Damián Romay Cousido.
Con este informe preténdese que diversos departamentos da Xunta de Galicia (Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Consellería de Medio Rural e Consellería de Economía e Industria) paralicen as obras previstas de extracción de áridos (arxilas) e de modificación do estado actual do humidal por parte da empresa Nueva Cerámica Campo en dita barreira situada no lugar de A Fianteira, Sanxenxo (Pontevedra).


Zonificación a partir da ortofoto da zona da Fianteira:
zona 1, Barreira da Fianteira 
zona 2, periferia inmediata da barreira, incluindo tamén á zona 1; para toda esta zona se obtiveron os datos faunísticos detallados neste informe.
zona 3: área de influencia da Barreira da Fianteira.
 
Estas bandas están dentro de zona protexida (ver seguinte apartado), con excepción do extremo suroeste da barreira e eucaliptal situado inmediatamente ao sur e oeste desta.

A Barreira da Fianteira e contorna inmediata inclúese na súa totalidade dentro das seguintes figuras de protección: 





Vexetación de ribeira periférica á Barreira
Vista da Barreira da Fianteira parcialmente colonizada pola vexetación

En dito informe, elabórase un catálogo actualizado da fauna existente para enfatizar os valores naturais deste entorno protexido. Como complemento, faise unha revisión exhaustiva das especies protexidas nalgún dos catálogos, convenios ou listas vermellas das que se dispoñen a nivel autonómico, estatal ou europeo.

Podedes atopar e descargar o informe completo realizado pinchando aquí.

O catálogo faunístico cita 38 especies de aves recollidas no Catálogo Nacional de Especies Ameazadas (de Interese Especial) e tres especies dentro do Libro Vermello das Aves de España (Vulnerables).

Lissotriton helveticus

Estroza  Hyla arborea

Compre citar na zona a confirmación de cría do Picapeixe Alcedo Atthis e da Rula Streptopelia turtur (con ao menos dúas parellas), ambas figuran no catálogo galego de especies ameazadas como Vulnerables.
Ademais, rexístrase a presenza de dous peixes, a Anguía Anguilla anguilla (libro vermello español Vulnerable) e o Espiñento Gasterosteus aculeatus (Catálogo Galego de Especies Ameazadas Vulnerable) e 5 especies de anfibios (Catálogo Nacional de Especies Ameazadas de Interese Especial) entre os que destaca a Estroza Hyla arborea (Catálogo Galego de Especies Ameazadas Vulnerable), con ata 25 machos cantores simultáneos escoitados; 4 especies de réptiles (Catálogo Nacional de Especies Ameazadas  de Interese Especial). Tamén podemos contar coa presenza de Lontra Lutra lutra, que cría dentro da barreira.

Euphydrias aurinia en plena cópula

Destaca, dentro das Borboretas diurnas, Euphydrias aurinia 
No informe catalóganse ata 21 especies de odonatos na Barreira da Fianteira, entre as que destacan Coenagrion scitulum (Lista Vermella dos Invertebrados de España Vulnerable) e Oxygastra curtisii (Lista Vermella dos Invertebrados de España En Perigo) que se reproduce na periferia da barreira.

Oxygastra curtisii

Neste ano 2010, Ano Internacional da Biodiversidade, estase poñendo de manifesto a necesidade de coñecer e protexer a diversidade de flora e fauna do planeta. 
Entre outros beneficios, a diversidade é un excelente bioindicador da calidade do medio, dándonos unha idea da saúde dos hábitats naturais. Un claro exemplo disto son os invertebrados acuáticos, que supoñen unha parte moi importante da biodiversidade e da biomasa dos humidais. A Barreira da Fianteira, con 21 especies de odonatos, sería un “hotspot” en Galicia, un enclave “quente” para estes invertebrados acuáticos.

No informe tamén atoparedes un DECÁLOGO DE RECOMENDACIÓNS de cara á conservación deste enclave.

A explotación mineira deste espazo natural pretende facerse en base a un estudio de impacto ambiental realizado fai máis dunha década, cando a importancia do lugar era moitísimo menor e cando o espazo natural non estaba catalogado como Lugar de Importancia Comunitaria, en base á Directiva Hábitats, polo que a autorización para a explotación deste humidal non estaría cumprindo cos requisitos de avaliación ambiental acorde á legalidade actual.
O Colectivo Ecoloxista do Salnés e o Grupo de Anelamento Anduriña están estudiando adoptar medidas legais para a paralización da autorización de explotación.

Todalas fotos da entrada foron tomadas por Emilio Martínez.