26 de mayo de 2010

Benvidos ao blog do Grupo de Anelamento Anduriña!

Foto: Simón Rial Pousa

Despois de moitas voltas, no Grupo de Anelamento ANDURIÑA, queremos dar un paso máis na andaina da nosa asociación coa creación deste blog, dende onde vos damos a benvida. Dende aquí vos iremos informando das actividades que realizamos para que nos acompañaredes nos nosos proxectos e actividades a prol do noso patrimonio natural.
 
Aínda que a configuración da páxina non é de todo definitiva, preferimos invitarvos xa a coñecela, xa que non paga a pena esperar para iniciar este contacto directo con vos.
 
Iniciamos esta andaina cuns contidos mínimos: como quen somos, como contactar con nós, un apartado onde poderedes descargar os traballos de investigación e divulgación realizados polos membros do grupo e unha pequena referencia sobre o anelamento en Galicia.
 
Ao igual que nos seguimos ás anduriñas, tí tamén tes xa na túa rede á nosa ANDURIÑA. Esperamos que vos guste e iremos ampliando os contidos pouco a pouco.
 
Un saúdo cordial.
 
Antonio Fernández Cordeiro
 
Presidente do Grupo de Anelamento ANDURIÑA

No hay comentarios: