Como adiantamos na anterior entrada, varios membros do Grupo de Anelamento Anduriña participaron nun programa da RTVG para divulgar o traballo que realizan co seguimento da cría de Anduriñas Hirundo rustica en varias vivendas da península do Morrazo.
Colgamos o video para os que non pudestedes visualizar o programa. Esperemos que o disfrutedes.
Se non desexades visualizar o pograma enteiro, podedes acceder ao estudo que realizamos sobre as anduriñas nos minutos 3:50, 11:14, 19:52 e 28:04.
Se non desexades visualizar o pograma enteiro, podedes acceder ao estudo que realizamos sobre as anduriñas nos minutos 3:50, 11:14, 19:52 e 28:04.
Dende o Grupo Anduriña estamos abertos a calquer posibilidade de divulgación e educación ambiental. Podedes contactar conosco ao seguinte correo:
anelamento.andurinha(a)gmail.com
Gracias!
2 comentarios:
Excelente!!! Parabéns ao grupo.
Boas festas,
Damián
Magnífico traballo o que realizades. E é de destacar en todo momento ese carácter integrador coa xente.
Un saúdo
Óscar
Publicar un comentario