Comezamos unha nova serie de entradas nas que iremos contando os resultados da Estación de Esforzo Constante (EEC) de Darbo-Cangas. Na nosa EEC rexistramos as capturas de aves diferentes realizadas durante un día completo (dende o amencer ata a posta do sol), mediante a utilización de 9 redes xaponesas (108 m de lonxitude en total).
A nosa área de estudio atópase nunha zona típica de campiña galega (zona de cultivos parcialmente abandonados, con bosquetes de salgueiros que colonizan as fincas que non se traballan), próxima á costa, no entorno das Rías Baixas.
Área da Estación de Esforzo Constante (EEC) de Darbo. |
A EEC de Darbo-Cangas sitúase no SW de Galicia, na Península do Morrazo (provincia de Pontevedra), nas coordenadas 42º 15’ 46” N, 08º 47’ 50” W, nunha zona situada a tan só 60 m de altitude e 1,1 Km do mar, o que conleva unha certa “dulcificación” climática.
As campiñas costeiras do norte de España teñen un gran interese ornitolóxico, pois durante a primavera albergan unha elevada diversidade de aves reprodutoras, consecuencia probable da gran variedade fisionómica e florística. Segundo algún sautores, a ornitocenose invernal da campiña eurosiberiana está constituída, maioritariamente, por especies estritamente invernantes ou non presentes na época reprodutora; é un dos medios máis importantes para a recepción de invernantes, menos restritivo que a meirande parte dos cultivos máis mediterráneos presentes no norte peninsular, incapaces de acoller outras especies que unhas poucas granívoras xeneralistas.
Exemplar de P. major intres antes de ser liberado. |
O pasado mes de novembro comezamos o noveno ano de estudio ininterrompido nesta localidade. O día 21.11.12 capturamos un total de 39 aves de 11 especies:
- T. troglodytes 1
- E. rubecula 9
- T. merula 3
- S. melanocephala 1
- S. atricapilla 2
- P. collybita 6
- A. caudatus 8
- P. ater 2
- P. caeruleus 2
- P. major 3
- F. coelebs 2
Exemplar de P. collybita capturado na EEC de Darbo. |
Os valores son habituais para este mes, cunha media de 42 aves e 12 especies nos oito anos previos.
Destaca a ausencia de capturas de azulenta (P. modularis) e bico de lacre (E. astrild), que presentaban unha media de 4.6 e 3.9 aves capturadas neste mes en anos previos. Tamén se pode mencionar o baixo número de papuxas (S. atricapilla; media esperada de 5.1 aves).
Pola contra aumentou o número de ferreiriños capturados (15 individuos de Parus spp-Aegithalos fronte aos 4 de media esperados).
Autor: Antonio Fernández Cordeiro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario