Xornada de anelamento realizada en Darbo (Cangas, Pontevedra) o día 16.02.13.
Este mes realizouse a EEC na data prevista de mostraxe (a mediados de mes).
![]() |
Gráfica da variación mensual no número de capturas. Comparación do ano en curso respecto dos valores medios obtidos previamente na EEC de Darbo. |
Capturamos un total de 22 aves de 12 especies (Media de 23 aves e 10 especies nos oito anos previos).
Pica dos prados (Anthus pratensis) |
Os valores de capturas tan pobres son normais para este mes, tanto no número de especies presentes como no número de capturas de cada unha delas.
Úbalo (Carduelis spinus). |
De momento non hai grandes cambios na estrutura da poboación e os datos son similares aos dos meses previos de invernada.
As especies máis abundantes seguen a ser a papuxa (Sylvia atricapilla), o paporrubio (Erithacus rubecula) e o picafollas (Phylloscopus collybita), que supoñen o 45.5 % das aves marcadas.
Muda de sustitución nun dos picafollas europeo (Phylloscopus collybita). |
Destacar a captura de 1 úbalo (Carduelis spinus) e 2 picas dos prados (Anthus pratensis). Chama a atención a ausencia de merlo (Turdus merula; media de 3.3 indiv. esperados neste mes). Como curiosidade un picafollas estaba a rexenerar unha boa parte da cola, pola perda das plumas nun percance previo ao anelamento.
Autor do texto: Antonio Fernández Cordeiro.
Autores das fotografías: Marta Santomé e Óscar Santomé.
No hay comentarios:
Publicar un comentario