Publicamos hoxe o documento de alegacións ao Estudio de Impacto Ambiental (EIA) do parque eólico de "Pedras Negras" que a nosa organización conservacionista presentou o pasado mes de febreiro ante a Xefatura Territorial de Pontevedra da Consellería de Economía e Industria (Xunta de Galicia).
En primeiro lugar, gustaríanos agradecer o arduo traballo realizado polos nosos compañeiros Antonio, David, Manuel e Alberto. Detrás deste documento están innumerables horas de traballo no campo e de gabinete.
Agradecer tamén a colaboración de Juan Pino Pérez, Rubén Pino Pérez, Simón Rial Pousa e Pepe Piñeiro Lemos os cales participaron na realización dos inventarios de flora e fauna do documento de alegacións.
Por último, agradecer ao promotor do proxecto, a empresa Enel Greenpower España, S.L. así como á consultaría Estudios Medioambientales y Territorio, S.L. a súa inestimable colaboración “indirecta” ao presentar a exposición pública un documento que só podemos cualificar de auténtica “chapuza”, o que nos facilitou moito o traballo e animounos a compartir coa sociedade os valores naturais extraordinarios dos montes de O Morrazo.
En definitiva, moitas grazas a tódolos anteriormente nomeados. Sen a vosa colaboración estas alegacións non serían posibles e o desprezo manifesto destas empresas ao noso patrimonio natural quedaría no máis absoluto anonimato.
Un saúdo.

No hay comentarios:
Publicar un comentario