10 de diciembre de 2013

Resultados da EEC de Darbo-Cangas. Novembro 2013.


Iniciamos o décimo ano de estudio ininterrompido nesta localidade. Na entrada do blog para o mes de novembro de 2012, fai un ano, podedes atopar un resume da metodoloxía e descrición da zona de estudio: http://grupodeanelamentoandurinha.blogspot.com.es/2012/12/resultados-da-eec-de-darbo-cangas-no.html 

Este mes houbo que demorar a mostraxe na EEC unha semana sobre a data prevista, debido ás fortes nortadas que imposibilitaban o traballo. 

Capturamos un total de 22 aves de 10 especies, por debaixo do esperado (media de 40 aves e 12 especies nos nove anos previos), pero seguindo coa tónica de escaseza de aves que vimos arrastrando dende o verán. Recuperaron poboación os paporrubios, a conta da chegada de aves invernantes.


Destaca a ausencia de capturas do bico de lacre (E. astrild), ave exótica antes máis abundante, que presentaba unha media de 3.4 aves capturadas neste mes en anos previos. Citar a baixa xeralizada, na meirande parte das especies, coa única excepción do incremento na abundancia do ferreiro abelleiro (Parus major), quizá atribuíble á cada vez maior presenza dos salgueiros nas fincas de cultivo abandonadas.


Autor do texto: Antonio Fernández Cordeiro.

No hay comentarios: