Mostrando entradas con la etiqueta balance anual. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta balance anual. Mostrar todas las entradas

12 de julio de 2011

Balance de anelamentos do ano 2010: Paseriformes

Continuando co balance de anelamentos do Grupo de Anelamento ANDURIÑA en 2010, iniciado na entrada anterior restábanos por contar as capturas de aves paseriformes. Os totais relátanse como segue:


Un total de 6.190 capturas, con 5.379 novos anelamentos e 811 recapturas (804 españolas e 7 estranxeiras), froito dun minucioso traballo de campo. A meirande parte destas aves capturáronse nos estudos a longo prazo que se desenvolven na actualidade, como o seguimento de poboacións de aves en entornos de campiña (estacións de esforzo constante de Darbo e Coiro –Cangas- e Santa María de Sacos –Cotobade-, así como noutras zonas, como O Salnés), ou no seguimento do paso postnupcial no esteiro do Miño -A Garda-).

Anduriña Hirundo rustica
Por vez primeira na nosa xa longa traxectoria, a especie con máis anelamentos foi a anduriña (Hirundo rustica), que dá nome ao noso grupo, con 1237 anelamentos, dos que 273 foron polos en niño, froito do seguimento da reprodución desta especie no Morrazo e das capturas en paso postnupcial polo Esteiro do Miño.

Picafollas musical
Phylloscopus trochillus
A segunda especie máis marcada foi o picafollas musical (Phylloscopus trochilus) con 764 capturas, que queda relegado do primeiro posto que ocupou no 2009, malia constituir o récord anual histórico de anelamentos para a especie. Cómpre sinalar que a práctica totalidade dos exemplares desta especie son capturados no paso posnupcial.

Macho de Papuxa das amoras
Femia de Papuxa das amoras
Sylvia atricapilla
A papuxa das amoras (Sylvia atricapilla) con 382 ex. foi a terceira especie máis anelada con algo máis da metade dos exemplares do pasado ano. É a única migradora presahariana das 5 especies máis aneladas.

Folosa das canaveiras Acrocephalus scirpaceus
Da folosa das canaveiras (Acrocephalus scirpaceus) aneláronse 295 ex., case douscentos menos ca o pasado ano.

En 2010 non se capturou ningunha especie nova de paseriforme; todas elas contaban con algún rexistro no histórico do noso grupo.

Escribenta das canaveiras da subespecie nominal Emberiza schoeniclus schoeniclus
Escribenta das canaveiras da subespecie lusitanicus
Emberiza schoeniclus lusitanicus
As escribentas das canaveiras (Emberiza schoeniclus lusitanicus) marcáronse dentro do estudo para o plan de recuperación da especie e as folosas acuáticas (Acrocephalus paludicola) no seguimento do paso postnupcial polo esteiro do Miño, o que pon de manifesto a importancia desta localidade para esta especie ameazada.

Papamoscas negro
Ficedula hypoleuca
Destacan as recapturas dunha folosa acuática (A. paludicola) marcada en Francia, unha folosa dos xuncos (A. Schoenobaenus) de Holanda, unha papuxa das amoras (S. atricapilla) de Francia, tres picafollas musicais (P. trochilus) británicos e un papamoscas negro (Ficedula hypoleuca) tamén británico.

Folosa acuática
Acrocephalus paludicola




Texto: Antonio Cordeiro
Fotos: Rubén Portas
Fotos A. paludicola: Pablo Sanmartín

26 de junio de 2011

Balance de anelamentos do ano 2010. Non paseriformes.

O Grupo de Anelamento Anduriña, ao longo do ano 2010, realizou un total de 7006 capturas (6169 novas marcaxes e 837 recapturas) de 116 taxóns diferentes.

Picapeixe  Alcedo atthis
Curuxa  Tyto alba
Foi o máximo histórico en canto a número de especies capturadas nun mesmo ano, froito dun incansable traballo en equipo no que se realizaron marcaxes nun total de 269 xornadas no campo (tres de cada catro días do ano). Na realidade, o número de xornadas de campo foi maior, posto que algunhas non están contabilizadas ao non terse producido ningunha captura.
Todas as capturas realizáronse en Galicia, sendo o reparto das mesmas, por provincias, como segue: 284 na Coruña, 10 en Lugo, 285 en Ourense e 6427 en Pontevedra.
Pato rabilongo  Anas acuta
Nesta primeira entrega relataremos as capturas de aves non paseriformes, que desglosamos por especies na seguinte táboa:


Un total de 816 capturas, con 790 novos anelamentos e 26 recapturas (23 españolas e 3 estranxeiras), o que supón un inxente traballo de campo debido á dificultade de captura deste grupo de aves. Algunhas marcáronse durante a toma de mostras para o seguimento da gripe aviaria (anátidas e limícolas) ainda que, na meirande parte dos casos foron trampeadas no desenvolvemento dos diferentes estudos que están a desenvolver os membros do noso grupo.

As aves non paseriformes máis aneladas o pasado ano foron o ralo (Caprimulgus europaeus) e o pilro (Calidris alpina).

Ralo ou Avenoiteira

Caprimulgus europaeus

De “Ralo” ou avenoiteira (Caprimulgus europaeus) aneláronse 221 ex. (case a metade dos marcados o ano anterior, malia manter practicamente un esforzo similar). De tódolos xeitos segue a constituir unha cifra excepcional de capturas, ademais de ser o único non paseriforme dos nosos “cinco máis anelados” por 3º ano consecutivo. Os nosos anelamentos desta especie constitúen “o groso” dos anelamentos anuais da especie en España (media de 226 aves marcadas a nivel nacional no trienio 2005-2007, segundo os últimos datos publicados dispoñibles).

Pato cullerete  Anas clypeata

Ademáis dos ralos marcáronse outras 779 aves: 30 anátidas, 311 limícolas, 57 Hydrobates pelagicus, 20 aves de rapiña e 20 gaivotas.
Cullereiro Platalea leucorodia

Bilurico escuro  Tringa erythropus
Seis especies foron marcadas por primeira vez. Son especies escasas e de difícil captura, atrapadas accidentalmente mentres se realizaban outros anelamentos. É o caso de Platalea leucorodia, Tringa erythropus ou Tringa ochropus (anelados durante as xornadas de anelamento de limícolas), Scolopax rusticola (mentres se capturaban rapaces nocturnas), Falco tinnunculus (de cando a outros anelamentos) ou Apus pallidus (atopado no interior dunha vivenda). Probablemente varias delas sexan tamén as primeiras marcaxes desa especie en Galicia.

Lagarteiro común  Falco tinnunculus
Destacan as recapturas de dous paíños (Hydrobates pelagicus) portugueses e un pilro (Calidris alpina) polaco.

Dende o incicio en 1985 ata o 2010, o Grupo de Anelamento ANDURIÑA leva marcadas un total de 54.599 aves diferentes.


Fotos Caprimulgus europaeus: Antonio Cordeiro
Resto das fotos: Emilio Martínez