22 de agosto de 2010

Sobre a retirada de algas


As bandeiras azuis que ondean en certas praias da costa galega son outorgadas por unha agrupación de ONG (Organizacións Non Gubernamentais) e outros organismos (PNUMA – UNEP, OMT, EUCC, ILS, ICOMIA, UICN) nos que unha das prioridades é que as praias formen parte dun ecosistema marítimo-terrestre vivo e saudable. Nas praias viven durante todo o ano centos de seres vivos que asisten cada verán a unha invasión do seu hábitat por un excesivo número de seres humáns que na súa maioría descoñecen a presenza  desta biocenose e a súa función ecolóxica e modifican o entorno pensando únicamente no uso público e non na preservación dese medio natural.
Os argazos (algas) son unha parte fundamental e imprescindible para o bo funcionamento deste ecosistema pero desgraciadamente a súa presenza nas praias non adoita ser ben vista e a miúdo son retirados destuindo asi o hábitat de numerosos insectos e repercutindo de modo nefasto na ecoloxía trófica das aves que frecuentan durante esa época as nosas costas, tanto migrantes de longo recorrido (virapedras, pilros, etc.) como reproductoras (lavandeiras, píllaras, etc.).



O noso grupo de anelamento centífico ven traballando dende hai anos no Complexo Intermareal Umia-O Grove (C.I.U.G.), un espazo natural que conta con varias figuras de protección: zona ZEPA (Zona de Especial Protección para as Aves), Rede de Humedais RAMSAR, Rede Natura 2000, etc. Entre outros estudos que desenrolamos, prestamoslle un especial interese ás aves acuáticas e recollemos diversas mostras biolóxicas para o estudo da  influencia aviaria en Galicia por medio da Consellería de Medio Rural.

Despois da cría, a partires de mediados do mes de agosto, nos países do norte de Europa, moitas especies de limícolas viaxan polas nosas costas cara os seus cuarteis de invernada en África, facendo paradas para se alimentar en diferentes lugares ricos en recursos tróficos, un destes lugares é o Complexo Intermareal Úmia O Grove.


Coa chegada das primeiras marusías os argazos sedimentanse nalgunhas praias onde varias especies de moscas da familia Sphaeroceridae depositaran os seus ovos. Unha vez eclosionadas as larvas, estas alimentaránse da materia vexetal en descomposición. Estas larvas son alimento para unha gran variedade faunística, entre os vertebrados destacan as aves. Os ornitólogos aproveitan este acontecemento para a observación e captura de aves  que permitirá o seu estudo en man e posterior toma de mostras biolóxicas.
A Praia da Lanzada é unha das estacións de estudo escollidas por alguns membros do Grupo de Anelamento Anduriña. No seu extremo sur tódolos anos hai unha abundante sedimentación de argazos, que principalmente ocupan unha franxa de 40 m.


 Este ano decidimos realizar unha solicitude ao Concello de Sanxenxo para que colaboren no noso traballo e non retiren os argazos nesta pequena zona da praia da Lanzada (tan só 40 metros dos máis de 2000  m. de praia), esixindo na medida do posible unha delimitación do acceso ao público a esta parte da praia cando as aves estean a alimentarse. Ademáis, pregamos que se informe ao público do valor que teñen os argazos ao descompoñerse na costa e a súa importancia para a millora do estado físico das aves migradoras, máxime cando se trata dunha praia situada na Rede Natura 2000. 
Consideramos que a información que citamos é insuficiente e mal presentada  na praia en cuestión xa que tan só está presente un pequeno cartel no panel de anuncios co lema: "LAS ALGAS NO SON BASURA" e a maioría dos usuarios non se paran a lelo.


Todos estes feitos anteriormente mencionados deberían incluirse dentro das Distincións Temáticas das praias galardonadas con Bandeiras azuis, sin duda esta iniciativa beneficiaría á sostibilidade das nosas praias.

Texto: Rubén Portas & Emilio Martinez  Fotos: Antonio Fdz. Cordeiro

2 comentarios:

Quique Carballal dijo...

Hola Rubén y Emilio. Completamente de acuerdo con lo que exponéis. Yo paso el verano cada año entre Canido (Vigo) y el Val Miñor. El verano pasado en la playa de Fuchiños, en Canido, no hicieron limpieza de algas y la playa estaba a rebosar de bichos. Este verano, sin embargo, limpiaban cada varios días y sucedió el efecto contrario. Aún así, había algas en la línea de marea y recuerdo una frase de unos turista muy significativa: "Uf, qué olor a mar!"
És verdad que las banderas azules deberían darse a ese tipo de playas que comentáis, pero ni las Administraciones están por entenderlo ni la gente por quererlo, lo que quiere la gente es una playa con servicios (duchas...) y si no huele a alga podrida, mucho mejor. Es lamentable, pero es así. Yo por mi parte, hago siempre toda la pedagogía que puedo, pero me entristece ver como las cosas van en sentido contrario. Lo mismo que pasa en A Lanzada, pasaba en playa América, pero ahora el Ayuntamiento hace una limpieza exhaustiva.

Suerte y felicidades por vuestro trabajo.

Quique Carballal
http://ausalbarcelons.blogspot.com/

Rubén dijo...

Hola Quique,

En ese sentido, creo que los que visitais en verano nuestra tierra teneis mucho que decir y podeis manifestar a quienes nos gobiernan vuestro interés porque algunas playas no se limpien. Que vean que no sólo hay turistas de playa, sol y especulación en la costa y que un buen puñado venis a disfrutar de la naturaleza gallega.
Muchas gracias por tu visita, tu comentario y tu afición.
Un saludo
p.d. Por cierto, buen blog el tuyo, lo acabo de unir a nuestras listas

Rubén Portas