23 de septiembre de 2010

Haberá máis!

Nas anteriores entradas ofrecemoslles unha ampla mostra de imáxenes dos Odonatos presentes no Complexo Intermareal Umia O Grove (Pontevedra).

Agardamos que a divulgación de datos de seres que adoitan pasar inavertidos, tales como os Odonatos (libélulas e cabaliños do demo), sirva para que moitos dos visitantes do noso humilde blog, ampliedes o xeito de observar a natureza e estimuledes a vosa curiosidade sobre o entorno que nos rodea para percibir máis alá dos seres máis visibles o que, sen dúbida, redundará en sentir novas sensacións.

Dende o Grupo de anelamento Anduriña queremos fomentar o coñecemento do medio natural galego e orientar a súa visión como un conxunto no que cada peza (animal, flor ou brión) desempeña unha función igual de importante cas demáis.

Non perdades as próximas entradas sobre outros invertebrados, tales como as polillas ou moscas detectadas no lugar de Carballo situado no concello de Sanxenxo (Pontevedra).


Saúdos!


Emilio Martínez Sabarís

No hay comentarios: