6 de diciembre de 2010

Polinización de plantas por paseriformes nas Rías Baixas

Emilio Martínez Sabarís

Nestas datas, nalgúns lugares de Galicia como no Carballo (Concello de Sanxenxo), son moitos os eucaliptos Eucaliptus globulus que están florecendo. Na imaxe superior podemos ver unha rama con flores en diferentes etapas, ainda pechadas, abertas e xa maduras.

Detalle de flores de Eucaliptus globulus en plena floración

Díptero recollendo polen e polinizando unha flor

Cando falamos de polinización o primeiro que nos ven á testa son os insectos, xa que nas nosas latitudes poden ser os maiores polinizadores. Pouco sabemos doutros seres que puderan facer esta función como os morcegos ou aves.

Insecto chuchando nectar nunha flor de eucalipto

Tras anos de observación, estamos a ver que son miles as aves que no outono ou inverno se alimentan nas flores dos eucaliptos ou outras plantas. O que non temos claro ainda é do que se alimentan realmente: ¿Van a capturar insectos que chuchan nectar?  ¿Fan o mesmo que os insectos ou ambalas dúas cousas?

Parus caeruleus

Si se recollen aves para anelamento perto dunha zona onde os eucaliptos estén en floración, é moi doado darse conta de cales son as especies que adoitan a alimentarse nestas plantas.
Un dos grupos de aves que practican esta especialización son os páridos, como o Parus caeruleus da imaxe superior, no que se lle aprecia unha tonalidade amarelenta na parte anterior da testa, son restos de polen.

Aegithalos caudatus

Na fotografía anterior podemos ver a outro párido con restos de polen, neste caso, a diferencia do anterior vemos que a carga de polen é moi superior incluso afectándolle ó anel ocular, seguramente xa hai días que esta ave se está a alimentar nas flores.

Regulus ignicapillus

Co paso dos días, o polen vaise acumulando de tal xeito que incluso a apariencia das aves pode verse afectada hasta o caso de ter dudas na identificación dalgunhas especies como no caso da fotografía anterior.

Macho de Sylvia atricapilla

Outro grupo que frecuenta as flores de eucalipto nestas datas son os Sylvidos. Neste caso, as Sylvia atricapilla que aproveitan este recurso nas súas migracións cara terras máis sureñas.

Phylloscopus collybita

Unha das aves que mais vemos que explota este recurso son os Phylloscopus collybita. Por estas datas, a totalidade dos exemplares capturados mostran acúmulos de polen, podería ser que dependan deste recurso para repoñer forzas durante as súas migracións, hai que lembrar que estamos a falar dunha especie alóctona moi perxudicial.
Non sabemos si antes de ter eucaliptos estas especies explotaban outros recursos nas nosas terras, ou si é unha adaptación moi recente, o que si temos claro é que as aves poden adaptarse.

Macho de Carduelis spinus

Outras especies que se alimentan nas flores dos eucaliptos son por exemplo os Carduelis carduelis xa que se teñen visto algúns exemplares con restos de polen. Ainda que non se confirmou que era do que se alimentaban.
No mes de febreiro comezan a florecer os Salix sp. e hai un frinxílido que se alimenta nestas flores: o Verderolo Carduelis spinus. Na fotografía anterior podemos ver a un macho desta especie con acumulos de polen.

Sylvia atricapilla

Co paso do tempo, a cantidade de polen acumulada é tanta que non deixa traspirar a pel polo que hai mortandade de texido. Os acúmulos de polen rematan caindo, esto dalle ás aves un aspecto característico, podémolo ver na fotografía anterior e na que está a seguir.

Phylloscopus collybita

Mostras de polen recollidas en aves capturadas para anelamento

Estamos a recoller mostras de polen dalgunhas aves, estas mostras pódense empregar para realizar algún estudo sobre as especies de aves que se alimentan en flores, analizando o polen poderíase ver queéespecies de plantas son as que utilizan as aves para alimentarse, en qué épocas etc.
Neste caso en particular podemos falar de que esta adaptación nas nosas terras está a contribuir dalgún xeito na propagación dunha especie alóctona moi perigosa.
Moralexa: As aves alíanse coas papeleiras .

1 comentario:

XARDONMANROFER dijo...

Muchas gracias por compartir estos conocimientos