5 de febrero de 2011

Comedeiro de aves no Carballo (Sanxenxo)

Emilio Martínez Sabarís



Saúdos. Imos comentar catro cousas sobre o comedeiro que teño feito na miña finca, como se pode ver na fotografía anterior, trátase simplemente de votar no chan varios tipos de sementes.


Detalle das sementes.

Trátase de mistura para canarios (alpiste, cañamón, sementes de liño e nabiza etc.) e pipas pequenas. Ainda que as que se ven son brancas e negras son millores as que son totalmente negras e pequenas, que son as que se empregan para sacar o aceite de tornasol moito mais caras e escasas.


grupo de Carduelis spinus no comedeiro

Logo de votar as sementes quédanos agardar a que as aves descubran o alimento e se acostumen a acudir ó comedeiro.


Durante a época invernal, certas especies de aves como os frinxílidos forman grupos numerosos polo que non é difícil que acudan en gran cantidade de aves a comer. Este feito facilita a captura destas aves para o seu anelamento e estudo. Podemos ver na fotografía anterior unha rede xaponesa disposta mesmo enriba do comedeiro, ainda que xa hai algunhas capturadas na rede o resto do grupo síguese alimentando tranquilamente.
Esta rede permite que as visitas sexan a intervalos, pola contra as aves son máis vulnerables a ataques de predadores ou inclemencias meteorolóxicas, recoméndase non descoidarse.


Amósase agora outro tipo de trampa empregada: a rede de tiro. Ao contrario da anterior nesta hai que estar pediente continuamente para facer as capturas. Pola contra, pode quedar fixa e permanentemente lista para tirar cando queiramos sen preocuparnos. Permite boas capturas, como exemplo dicir que na fotografía que se mostra capturáronse 46 aves dunha tirada.


Femia adulta de C. spinus

As especies de aves que acuden a comer son variadas; pero sen dúbida, neste comedeiro as estrelas son os Úbalos (C. spinus).


Macho adulto de C. spinus coas tonalidades amarelas con cores vivos.


A extendida dun macho adulto de C. spinus, podemos ver que non hai variación de coloración nos diferentes grupos de plumas.


A extendida dun macho non adulto de C.spinus despois de facela muda parcial postxuvenil.

Nesta especie as aves adultas despois de críar fan unha muda completa de tódalas plumas que teñen. Pola contra, as aves xuvenís fan unha muda parcial, mudan as plumas do corpo e parte das plumas de voo. Podemos ver na fotografía anterior o contraste de cor dentro dos mesmos grupos de plumas, cos tonos amarelos máis escuros (plumas mudadas) e outros mais claros (plumas de polo non mudadas).
Ademáis de datos biométricos, condición física, etc., estánse recollendo datos da extensión da muda de grandes coberteras das ás de aves non adultas.


Detalle dun macho non adulto de C. spinus no que se distinguen os contrastes nos tons amarelos.

Fixándose ben non resulta difícil distinguir no campo as aves adultas das xuvenís.

C. spinus con anela de remite de Suiza.

No noso país, os C. spinus son principalmente invernantes e ainda que nas zonas máis norteñas crien algunhas parellas, a orixe das aves que aparecen en Galicia non se coñece ben, con poucos datos de recuperacións. 
Neste comedeiro xa se anelaron mais de 900 C. spinus recuperando 3 aves con anelas de remite estranxeiro (2 de Suiza e 1 da República Checa). 
Ainda que o comedeiro está a funcionar dende o ano 2006 non tódolos anos apareceron C. spinus
Amósanse a continuación datos de anelamentos por anos e recapturas desta especie aneladas no comedeiro en anos anteriores.


ANO  ANELAMENTOS   RECUPERACIÓNS

2006        350 aves                                
2007            0 aves
2008        295 aves      17  (Anelados no 2006)
2009            0 aves        1  (Anelado no 2008)
2010          70 aves        1  (Anelado no 2008)
2011*      218 aves*      3* (1 Anelado no 2008 e 2 no 2010)

* Ata a data actual



Femia de Serinus serinus. Esta especie é a segunda en número de capturas no comedeiro.


Macho de Carduelis cannabina outro visitante anual.


Macho de Emberiza cirlus, ainda que en pequeno número sempre está presente.


Macho de Turdus merula outro visitante diario ó comedeiro.


Turdus iliacus visitante invernal ó comedeiro ainda que en pequeno número.



Garrulus glandarius outro visitante común xunto con outras especies máis como Erithacus rubecula, Prunella modularis, Parus major etc.

Accipiter nissus macho.

Aconcentración de aves atrae ós predadores xa son 2 os exemplares de A.nissus capturados no comedeiro.

Detalle das patas de A.nissus no que se aprecian as enormes e afiadas garras.

1 comentario:

Cosme Damian Romai Cousido dijo...

Moi interesante Emilio, e moi ben ilustrado.

Unha aperta,
Damián