25 de febrero de 2011

Moucho: Ave do ano


A Sociedade Española de Ornitoloxía e a Sociedade Galega de Ornitoloxía veñen de escoller ao Moucho Athene Noctua como ave do ano 2011.

Moucho Athene noctua

O seu acusado descenso nesta derradeira década engadido ao seu relevante papel na regulación das poboacións de invertebrados e micromamíferos dos nosos campos propiciaron esta decisión.
O abandono do rural e da agricultura tradicional e a implantación de infraestruturas no medio natural coa consecuente perda de hábitat son as principais ameazas desta especie.

Co obxetivo de sensibilizar o público sobre a importancia de conservar o Moucho, a SEO elaborou este fermoso vídeo.



Fotos: Rubén Portas

No hay comentarios: