Grupo de limícolas no C.I.U.G. (Complexo Intermareal Umia- O Grove), Pontevedra.
Dende hai anos, o noso Grupo de anelamento ten marcado varios centos de limícolas con aneis metálicos de remite ICONA-Madrid. Ademáis, estase a facer unha busqueda e seguimento de aves marcadas con aneis de cores en varios humidais de Galicia. Esto último foi unha das cousas que nos motivou para emprender un novo proxecto: o marcaxe de limícolas con aneis de cores dentro da Comunidade Autónoma Galega.
Despois dos trámites pertinentes co W.S.G. (Wader Study Group) foron aceptadas recentemente as codificacións para este estudo.
Parte do material que se empregará no proxecto
O fin deste proxecto é incrementar os datos de aves marcadas,dentro e fora da nosa Comunidade Autónoma. As principais zonas de marcaxe serán o Complexo Intermareal Umia O Grove e a Ría de Vigo, ambos situados en Pontevedra. Puntualmente, faránse campañas de anelamento en calquer punto de Galicia. As Aves estarán marcadas cunha codificación individual e única para cada individuo:
Levarán anel metálico en tibia esquerda, anel de cor en tibia dereita e combinación de tres aneis de cor en tarso dereito: metal ; 0 / cor ; cor,cor,cor.
As cores elexidas son Branco (B), Amarelo (AM), Laranxa (NR), Vermello ( RO), Verde claro ( L-Lima), Verde (V) e Negro (NG).
Recreación por photoshop dunha ave marcada dentro do noso proxecto.
Esperamos que en poucos días comecemos coas capturas e marcaxes de limícolas. Convidamos a participar a calquer observador de aves e a fixarse nas patas dos limícolas. Quizáis poidan ver algunha ave marcada con aneis de cores e con sorte pode que pertenza a este novo proxecto. S é así, agradeceríamos nos remitan os datos (lugar, data, codificación, coordenadas, etc.) ó seguinte enderezo:
antoniofcordeiro(a)hotmail.com
Cando se marquen as primeiras aves faremos unha nova entrada no blog.
Moitas gracias a todos!
No hay comentarios:
Publicar un comentario