30 de octubre de 2010

30-10-2010 día de lectura de marcas especiais no CIUG

Emilio Martínez Sabarís

Todos podemos aproveitalo traballo dos demais aneladores dedicándonos a leer as marcas especiais que levan algunhas aves, así incrementaremos as bases de datos para cada localidade. Neste blog temos acceso á páxina CR-birding.be, entrando, no principio da páxina podemos acceder a Photo-Guide to Colour-Ringed Birds (Marco Basso) alí seleccionando species accounts podremos ver os tipos de marcas especiais que se empregan para moitas especies.
As dúas fotos que siguen, foron sacadas hoxe 30-10-10 no CIUG (Complexo Intermareal Umia o Grove, Pontevedra) e son unha pequena mostra dos varios miles de aves acuáticas que xa chegaron a este espazo, moitas para quedarse a pasalo inverno, como nos indican algunhas das aves que están marcadas e que visitan ano tras ano este humidal.

Grupo de Calidris alba e Calidris alpina na marisma do Bao CIUG 30-10-10

Grupo de acuáticas na marisma do Bao CIUG 30-10-10

Ainda que o día non era moi apacible, con moito vento do NO e choiva, achegueime ó CIUG co fin de intentar facer algunha lectura de marcas especiais en acuáticas, creo que ó final foi un bo día co seguinte resultado:
Patos 10 lecturas
Gaivotas 3 lecturas
Limícolas 6 lecturas
Espátulas 11 lecturas
Ardeidas 1 lectura

TOTAL 31 lecturas


Anátidas:
Anax platyrhynchos
anelados no CIUG, F2 P, F1 V, 31 C. (marcas brancas)
anelados na pateira de San Jacinto , Aveiro Portugal Z9 1, 0/9 Y, X7 T, V7 H. (marcas brancas)
anelados no Paul do Taipal, Coimbra Portugal, C4, A4, RB. (marcas azuis)

femia de Anax platyrhynchos marcada no CIUG

Femia de Anax platyrhynchos marcada no Paul do Taipal e vista no CIUG

Limícolas:
Charadrius hiaticula
Anelados en Islandia 2 , metal,V;Vclaro / NG;V e metal,V;V / NG;V

Charadrius hiaticula no CIUG 30-10-10, metal,V;V / NG;V

Tringa totanus
Anelado en Francia 1, AM,NR solapa;metal / AM,NR;0 visto no CIUG por 1ª vez o 4-8-06 invernando dende entonces no lugar.

Tringa totanus visto no CIUG AM,NR solapa;metal / AM,NR;0

Limosa limosa
Anelada en Francia 1, NR solapa, Vclaro;metal / B,AM;0
aneladas en Islandia 2, V,Vclaro;0 / V;B,metal e Vclaro,RO;o / V,ROsolapa;metal


Limosa limosa no CIUG 30-10-10 NR solapa, Vclaro;metal / B,AM;0, vista por 1ª vez o 30-11-08 dende entón pasa os inverno no CIUG

Limosa limosa no CIUG 30-10-10 V,Vclaro;0 / V;B,metal vista por 1ª vez no CIUG o 31-10-03 dende entón non faltou ningún inverno

Limosa limosa no CIUG 30-10-10 Vclaro,RO;o / V,RO solapa;metal vista por 1ªvez no CIUG o 21-11-09 este é o 2º inverno no Umidal.


Láridos

Larus michahellis, anelada en Galicia,V(ZCAN)
Larus ridibundus, anelada en Alemania, metal;0 / AM(ACU6)
Larus fuscus, anelada en Holanda, 0;metal / 0;AZ(VH4K)


Espátulas Platalea leucorodia

Aneladas en Holanda 11:
AZ,metal,AZ;0 / AZ,AMsolapa,Vclaro;0
AMsolapa,Vclaro,AM;0 / Vclaro,AM,metal;0
AMsolapa,Vclaro,metal;0 / AM,V,AM
V,RO,AM;0 / AM,metal,AMsolapa;0
RO,AMsolapa,Vclaro;0 / RO,metal,AM;0
AZ,RO,AM;0 / AM,metal,AM;0 (incompleta unha amarela ten solapa)
AZ,metal,AZ;0 / AZ,AMsolapa,Vclaro;0
metal,B(Z4);0 / AZ(Z4);0
NG(Z0);0 / NG(Z0),metal;0
AM(L);0 / V(L),metal;0 (perdeu a anela verde)
metal,NG(KS);0 / B(KS);0

Platalea leucorodia RO,AMsolapa,Vclaro;0 / RO,metal,AM;0 CIUG 30-10-10


Ardeidas

Egretta garcetta
Anelada no Reino Unido 1, NR(D);0 / V(4);0

Egretta garcetta NR(D);0 / V(4);0 no CIUG 30-10-10

Para resumir, podemos dicir que nesta xornada 30-10-10 aportáronse para o CIUG datos procedentes de marcas especiais de 31 aves de 9 especies diferentes procedentes de 6 paises europeos, a falta de luz e a óptica empregada fixeron que a calidade das fotografías feitas non tivesen a calidade desexada, seguiremos traballando.

7 de octubre de 2010

Celebración: DÍA MUNDIAL DAS AVES 2010; 3 de outubro

Por mor do mal tempo, as actividades que o Grupo Anduriña tiña previstas realizar o fin de semana pasado co motivo da celebración do día das aves foron aprazadas ao vindeiro domingo día 10 de Outubro. Agardamos veros todos alí!



A fin de semana pasada tiña lugar comeza unha nova edición deste importante evento organizado por BirdLife International a escala mundial e que en España coordina SEO/BirdLife, para dar a coñecer o apaixonante mundo das aves e os seus problemas de conservación. Este ano desenvolveranse máis de 300 actividades en toda España, unha delas a que agora che presentamos, na que participa o noso Grupo de Anelamento ANDURIÑA e que por mor do mal tempo non pudo ser realizada o fin de semana pasado.

Por SÉPTIMO ano consecutivo, o grupo de anelamento ANDURIÑA e máis a Sociedade Española de Ornitoloxía (SEO/BirdLife) convidan ao público en xeral a participar nos actos do “Día Mundial das Aves”. Repartirase entre os asistentes o libro editado polo noso grupo sobre o Espazo Natural de Punta Balea. A SEO facilitará material para repartir entre os participantes (pegatinas, globos, posters, folletos informativos, etc.). Trátase dunha celebración moi especial que pretende festexar e difundir a rica variedade de aves que temos no noso país e en Punta Balea en particular.


Os actos serán esta fin de semana, o domingo día 10 de outubro, en Punta Balea (de 9:30 a 13:30), no tramo de costa comprendido entre a baleeira e a praia da Areamilla (cun punto de observación fixo nas inmediacións da lagoa).

A elección deste lugar non é fortuíta senón que se trata do mellor lugar da Península do Morrazo (e un dos mellores da provincia) para a observación das aves, tanto polo número de especies presentes (unhas 140 ó longo do ano) como polo achegamento que permiten.

Ao igual que en anos anteriores haberá varios postos de observación de aves nos que se poderán contemplar diversas aves acuáticas (na lagoa), mariñas (nas praias e mar) e terrestres (na costa).


Ao igual que en anos anteriores, nenos e maiores poderán seguir con todo detalle as explicacións (teóricas e prácticas) sobre as migracións e o estudio das aves mediante o seu anelamento (marcaxe con anelas).

Haberá telescopios a disposición do público, aínda que se recomenda que aqueles afeccionados que teñan prismáticos en casa veñan con eles.

Esperamos acadar o éxito de edicións anteriores, nas que participaron varios centos de persoas. Recoméndase a asistencia a primeiras horas, nas que as aves están máis activas (e sería máis doado observar un maior número de aves e especies) e, sobre todo, non deixalo para última hora do domingo, na que se produce a maior asistencia de público.


Os pasados anos observáronse, durante a actividade, unhas 30-40 especies de aves. Destas, preto de 15 especies foron capturadas e marcadas en presenza dos asistentes.

O acto ten unha dobre finalidade. Dunha banda poñer en coñecemento do público a grande diversidade de especies presente en Punta Balea e doutra reivindicativa de cara a conseguir a conservación deste espazo natural, situado en solo de protección de espazos naturais, sobre o que penduran diversas ameazas.


Os obxectivos xenerais do día das aves son:

Achegar o mundo das aves e os seus hábitats aos cidadáns animando á xente a unha maior participación e apoio na conservación da natureza.

Dar a coñecer as ameazas ás que se enfrontan as aves e as medidas de conservación necesarias para a súa supervivencia.


Concienciar á opinión pública sobre a importancia de conservar o noso entorno natural máis próximo, como un primeiro paso para avanzar na conservación medioambiental do noso planeta.

A proposta deste ano, é “SALVEMOS A BIODIVERSIDADE”, xa que as Nacións Unidas declararon o 2010 como o Ano Internacional da Diversidade Biolóxica, co lema "A Biodiversidade é Vida. A Biodiversidade é a Nosa Vida".


Polo tanto, 2010 é un ano moi importante para o futuro da biodiversidade do noso planeta, xa que a Unión Europea e as Nacións Unidas deben aprobar os obxectivos de conservación da biodiversidad para o 2050 cuns obxectivos intermedios en 2020. As asociacións ambientalistas debemos loitar e estar alertas para garantir que así sexa.

No Día Mundial das Aves 2009 se celebraron en España 168 actos,nos que participaron máis de 30.000 persoas, resultando ser, como en anos anteriores, un dos países con maior índice de participación.


Agardamos a vosa asistencia!
Un saúdo
Antonio Fernández Cordeiro
Grupo de Anelamento ANDURIÑA
Tel. contacto: 645 934 980

2 de octubre de 2010

Campaña de anelamento diurno de limícolas no paso postnupcial dentro do Complexo Intermareal Umia O Grove 2010

Emilio Martínez Sabarís

Grupo de limícolas nun repousadoiro do CIUG.

O Complexo Intermareal Umia O Grove atópase entre os 8 humidais máis importantes de España para a invernada de aves acuáticas. Os limícolas destacan tanto polo seu número como pola súa diversidade en especies. Ainda que anualmente realizase un censo invernal, faltan estudos de aves acuáticas dentro deste espazo, tanto durante a invernada como nas épocas de migración.
O Grupo de anelamento Anduriña leva anos facendo campañas de anelamento de aves acuáticas neste humidal tentando de aportar datos para o millor coñecemento deste grupo de aves. 
A continuación amosamos os resultados da campaña deste paso postnupcial 2010.


Grupo de limícolas capturados para anelamento científico no CIUG.

Coñecendo un pouco as aves podemos ter éxito á hora de capturalas. Ainda que hai especies que son moi esquivas, o emprego de redes xaponesas para a captura de limícolas adoita a ser unha práctica nocturna xa que neste periodo as aves detectan con máis dificultades as trampas. Despois de numerosas probas, moitas delas infructuosas, co paso do tempo fóronse acadando resultados máis que aceptables na captura de limícolas durante as horas de luz solar, chegando en ocasións a capturar 121 aves nunha tarde.
Esta práctica permítenos minimizar os riscos para as aves nas redes (afogamentos, predación, etc.), ademáis de facer as xornadas menos sacrificadas, ter outras sensacións coas aves e disfrutar de máis compañía.

Redes xaponesas colocadas na praia da Lanzada C.I.U.G. para a captura de limícolas


Larva de díptero descompoñedor de argazos

Coa chegada das primeiras maruxías, depositánse nas praias unha gran cantidade de argazos. Hai varias especies de dípteros que depositan os ovos no medio deles xa que, éste é o alimento das súas larvas e estas a súa vez  son alimento de innumerables aves entre as que se atopan os limícolas. Por iso un dos lugares nos que adoitamos capturar limícolas son as praias, cando hai argazos coincidindo coa migración dos limícolas que veñen das zonas de cría cara os seus cuarteis de invernada, nalgún lugar de Africa.

Habituais das praias son os Calidris alba

Tamén os Charadrius hiaticula.

Na campaña deste ano 2010 hai que resaltar a captura dun número inusual de limícolas de porte medio-grande como por exemplo as Limosa limosa, Limosa lapponica e Numenius phaeopus. O motivo principal foi a colocación de redes nunha zona na que se estaban a alimentar de larvas dunha especie de díptero que amosamos a continuación.

Díptero

Larvas de díptero que se alimenta de materia orgánica en descomposición


Limosa limosa capturada para anelamento


Detalle en man de Limosa limosa


Limosa lapponica

Numenius phaeopus

Outro motivo dos éxitos nas capturas de limícolas durante horas de luz, débese entre outros factores a que máis do 90% das aves que paran durante a súa migración no C.I.U.G. son aves xuvenís nacidas no ano (código euring 3). Son aves máis confiadas que se achegan ás redes mentras se alimentan con máis facilidade.

Na esquerda Calidris ferruginea, no centro Calidris canutus e na dereita Calidris alpina


Calidris alpina

A especie que tódolos anos é mais anelada durante os pasos migratorios postnupciais é o Calidris alpina, a pesares disto ainda son moitas as incognitas a resolver: ¿Ónde están os seus lugares de cría? ¿En qué lugar de Africa pasan os invernos? Son xa máis de 1.000 os exemplares capturados de Calidris alpina nestes anos de traballo durante a migración postnupcial, sen ter aínda capturado algunha ave previamente marcada e sen ter recuperacións en zonas de Africa, onde supostamente pasan o inverno. Como curiosidade, mencionar que na poboación invernante dentro do C.I.U.G., de cada 33 aves capturadas, unha está anelada con remite non español, tendo algúns datos xa da súa orixe e rutas migratorias.
As poucas recuperacións que temos de aves marcadas durante a migración postnupcial están a indicar que moitas das aves voltan pola ruta atlántica cando van para as zonas de cría, xa que todas son na primaveira e en paises da fachada atlántica europea.


Tringa nebularia

Anelamentos de limícolas na campaña postnupcial 2010 CIUG

Charadrius hiaticula 14 
Pluvialis squatarola 1
Calidris canutus 4
Calidris alba 2
Calidris minuta 1
Calidris ferruginea 15
Calidris alpina 138
Limosa limosa 38
Limosa lapponica 8
Numenius phaeopus 3
Tringa totanus 9
Tringa nebularia 1
Actitis hypoleucos 17
Arenaria interpres 5

TOTAL capturas 256


Pluvialis dominica

Durante algúns dos días de anelamento na Enseada de Dena (C.I.U.G.), puden disfrutar deste Pluvialis dominica que non está anelado, porque foi mais listo que quen escribe. 
Rematada esta campaña e esperando á do ano que ven ,somentes agradecer a participación e compañía de Rubén, Antonio, Damián, Sol, Marisa e Doel.