O Complexo Intermareal Umia O Grove atópase entre os 8 humidais máis importantes de España para a invernada de aves acuáticas. Os limícolas destacan tanto polo seu número como pola súa diversidade en especies. Ainda que anualmente realizase un censo invernal, faltan estudos de aves acuáticas dentro deste espazo, tanto durante a invernada como nas épocas de migración.
O Grupo de anelamento Anduriña leva anos facendo campañas de anelamento de aves acuáticas neste humidal tentando de aportar datos para o millor coñecemento deste grupo de aves.
A continuación amosamos os resultados da campaña deste paso postnupcial 2010.
Coñecendo un pouco as aves podemos ter éxito á hora de capturalas. Ainda que hai especies que son moi esquivas, o emprego de redes xaponesas para a captura de limícolas adoita a ser unha práctica nocturna xa que neste periodo as aves detectan con máis dificultades as trampas. Despois de numerosas probas, moitas delas infructuosas, co paso do tempo fóronse acadando resultados máis que aceptables na captura de limícolas durante as horas de luz solar, chegando en ocasións a capturar 121 aves nunha tarde.
Esta práctica permítenos minimizar os riscos para as aves nas redes (afogamentos, predación, etc.), ademáis de facer as xornadas menos sacrificadas, ter outras sensacións coas aves e disfrutar de máis compañía.
Larva de díptero descompoñedor de argazos
Coa chegada das primeiras maruxías, depositánse nas praias unha gran cantidade de argazos. Hai varias especies de dípteros que depositan os ovos no medio deles xa que, éste é o alimento das súas larvas e estas a súa vez son alimento de innumerables aves entre as que se atopan os limícolas. Por iso un dos lugares nos que adoitamos capturar limícolas son as praias, cando hai argazos coincidindo coa migración dos limícolas que veñen das zonas de cría cara os seus cuarteis de invernada, nalgún lugar de Africa.
Na campaña deste ano 2010 hai que resaltar a captura dun número inusual de limícolas de porte medio-grande como por exemplo as Limosa limosa, Limosa lapponica e Numenius phaeopus. O motivo principal foi a colocación de redes nunha zona na que se estaban a alimentar de larvas dunha especie de díptero que amosamos a continuación.
Outro motivo dos éxitos nas capturas de limícolas durante horas de luz, débese entre outros factores a que máis do 90% das aves que paran durante a súa migración no C.I.U.G. son aves xuvenís nacidas no ano (código euring 3). Son aves máis confiadas que se achegan ás redes mentras se alimentan con máis facilidade.
Calidris alpina
A especie que tódolos anos é mais anelada durante os pasos migratorios postnupciais é o Calidris alpina, a pesares disto ainda son moitas as incognitas a resolver: ¿Ónde están os seus lugares de cría? ¿En qué lugar de Africa pasan os invernos? Son xa máis de 1.000 os exemplares capturados de Calidris alpina nestes anos de traballo durante a migración postnupcial, sen ter aínda capturado algunha ave previamente marcada e sen ter recuperacións en zonas de Africa, onde supostamente pasan o inverno. Como curiosidade, mencionar que na poboación invernante dentro do C.I.U.G., de cada 33 aves capturadas, unha está anelada con remite non español, tendo algúns datos xa da súa orixe e rutas migratorias.
As poucas recuperacións que temos de aves marcadas durante a migración postnupcial están a indicar que moitas das aves voltan pola ruta atlántica cando van para as zonas de cría, xa que todas son na primaveira e en paises da fachada atlántica europea.
Tringa nebularia
Anelamentos de limícolas na campaña postnupcial 2010 CIUG
Charadrius hiaticula 14
Pluvialis squatarola 1
Calidris canutus 4
Calidris alba 2
Calidris minuta 1
Calidris ferruginea 15
Calidris alpina 138
Limosa limosa 38
Limosa lapponica 8
Numenius phaeopus 3
Tringa totanus 9
Tringa nebularia 1
Actitis hypoleucos 17
Arenaria interpres 5
TOTAL capturas 256
Pluvialis squatarola 1
Calidris canutus 4
Calidris alba 2
Calidris minuta 1
Calidris ferruginea 15
Calidris alpina 138
Limosa limosa 38
Limosa lapponica 8
Numenius phaeopus 3
Tringa totanus 9
Tringa nebularia 1
Actitis hypoleucos 17
Arenaria interpres 5
TOTAL capturas 256
Pluvialis dominica
Durante algúns dos días de anelamento na Enseada de Dena (C.I.U.G.), puden disfrutar deste Pluvialis dominica que non está anelado, porque foi mais listo que quen escribe.
Rematada esta campaña e esperando á do ano que ven ,somentes agradecer a participación e compañía de Rubén, Antonio, Damián, Sol, Marisa e Doel.
No hay comentarios:
Publicar un comentario