 |
Xa son algúns miles os limícolas que podemos ver nas nosas costas |
 |
Coa chegada escalonada das diferentes especies de limícolas, comezamos a recoller os primeiros datos das aves que foron marcadas dentro do proxecto que temos de marcaxe de limícolas con aneis de cores. Sorpréndenos a cantidade de aves marcadas que están a retornar á zona de invernada |
 |
Xa son perto de 400 os limícolas marcados pertencentes a 11 especies diferentes, destacando en número de aves marcadas os Calidris alpina. |
 |
Calidris alpina marcado dentro do noso proxecto |
 |
Con 100 aves marcadas, os Tringa totanus son a segunda especie en número e primeira en cantidade de datos recollidos polo de agora |
 |
Tringa totanus , metal;0 / Negro ; Negro,Vermello,Negro | | |
|
 |
Grupo de Tringa totanus onde podemos ver varios exemplares marcados do noso proxecto |
 |
Calidris alba |
 |
Numenius phaeopus |
 |
Numenius phaeopus
Desta especie foron marcadas varias aves na costa de Cangas e no Complexo Ons O Grove durante o paso prenupcial, é nestas dúas zonas onde maior número de aves se están a marcar. Tamén se marcaron aves en Oia , O Grove, Pontevedra |
 |
Limosa limosa |
 |
Limosa limosa
Ademais de facer seguimento das aves que estamos marcando nós, estamos a recoller datos de aves amarcadas con cores noutros paises . |
 |
Pluvialis squatarola
A marcaxe de aves con aneis de cores multiplica considerablemente a cantidade de información a recoller si a comparamos cos datos que se obteñen por medio dos aneis de metal con remite.
|
Pluvialis squatarola
 |
Tringa nebularia |
 |
Tringa nebularia
Das poucas aves que se marcaron antes da cría, voltaron moitas ás zonas de invernada. Desta especie voltaron xa a maioría das aves marcadas. |
 |
Calidris canutus |
 |
Charadrius hiaticula |
Charadrius hiaticula
Esta ave foi marcada en Islandia e recuperada por nós nunha das xornadas empregadas dentro do proxecto. Ademais, desta ave recuperáronse outras con aneis metálicos e remites extranxeiros.
Si vedes algunha ave marcada do noso proxecto, podedes mandar os datos a este enderezo: antoniofcordeiro@hotmail.com
Mandaremos o historial completo de cada ave. Moitas gracias!
No hay comentarios:
Publicar un comentario