Este mes houbo que retrasar a EEC unha semana sobre a data prevista de mostraxe por mor da meteoroloxía adversa.
Capturamos un total de 16 aves de 7 especies (Media de 25 aves e 10 especies nos oito anos previos).
Neste mes, o número de capturas deixa de ser habitual e por primeira vez (ver gráfica) se separa claramente do esperado, chegando a faltar unha terceira parte dos individuos. Quizá as abundantes chuvias deste inverno retrasaron algo a cría e a meirande parte das especies comezaron a criar ao mesmo tempo e estean agora en plena incubación; faltan as azulentas (Prunella modularis), os paporrubios (Erithacus rubecula) e un bo número de merlos (Turdus merula), que sumarían ese terzo de individuos que botamos en falta.
As papuxas (Sylvia atricapilla) son a especie dominante nos campos de cultivo semi-abandonados e supoñen o 37,5 % das aves.
Destaca a captura dun fermoso macho de estreliña riscada (Regulus ignicapillus).
Supoñemos que, salvo imprevistos meteorolóxicos malos, o vindeiro mes comezarán a aparecer os polos voandeiros das nosas especies habituais.
Texto: Antonio Fernández Cordeiro.
Fotografía: Alberto Pastoriza Barreiro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario