17 de abril de 2013

Alegacións á modificación das NNSS na zona de A Portela - O Redollo, Cangas (Pontevedra).


Dende a nosa organización conservacionista pensamos que a modificación das NNSS na zona de A Portela - O Redollo é a única forma de garantir que se preserven os postos de traballo e a renda dos traballadores, prexudicados principais da desidia das Administracións Públicas. Pero entendemos que calquera modificación puntual das NNSS para legalizar e ampliar as actividades empresariais - industriais debe basearse: 
  • Nun proceso de avaliación ambiental serio, realista, conforme á lexislación e comprometido coa veracidade dos datos científicos recollidos no informe de sustentabilidade ambiental (ISA). 
  • Identificación e valoración veraz da biodiversidade presente no ámbito e zonas de influencia. 
  • Identificación e valoración adecuada dos impactos ambientais negativos da modificación puntual das NNSS para o ámbito. 
  • Na aplicación de medidas preventivas, correctoras e compensatorias. 
  • No compromiso do promotor de acatar os resultados do proceso de avaliación ambiental estratéxica (AAE). Por este motivo informamos dos erros, omisións e manipulacións no ISA. E plantexamos a introdución de modificacións esenciais para acadar o desenvolvemento sustentable da zona de O Redollo - A Portela.
A continuación adxuntamos o documento de alegacións elaborado polos membros da nosa organización conservacionista (lembrar que este documento pódese descargar premendo na pestaña "download"):


No hay comentarios: