13 de noviembre de 2013

Resultados da EEC de Darbo-Cangas. Outubro 2013 (último mes do noveno ano de estudio dende o inicio da EEC).


Este mes realizouse a mostraxe na EEC na data prevista (a mediados de mes). Capturamos un total de 29 aves de 11 especies. Confírmase a chegada de invernantes como o paporrubio (Erithacus rubecula) e a papuxa das amoras (Sylvia atricapilla) que reforza a exigua poboación local e fai que os valores destas especies pasen aos habituais neste mes. 

Se ben o número de especies é o habitual para a época, o número de capturas está un pouco por baixo respecto do esperado neste mes (media de 38 aves nos oito anos previos). 

As capturas foron:


Neste mes destaca a captura un pouco tardía dun papamoscas negro (Ficedula hypoleuca). Tratábase dun ave moi flaca, con poucas posibilidades de alcanzar os cuarteis de invernada ao sur do Sahara. 


Tamén un reiseñor bravo (Cettia cetti) recén chegado para pasar o inverno. Este debeu ter algún que outro altercado: parte da cola estaba a medrar e un dos tarsos presentaba unha fractura xa soldada. Ninguén dixo que a vida dos paxaros fora fácil.

Como resumo do que foi este noveno ano de estudo:


Veremos o que nos depara o décimo ano de estudio.

Texto: Antonio Fernández Cordeiro.

1 comentario:

Louisette dijo...

Very intersting, greeting from Belgium