10 de diciembre de 2020

Alegación ao Plan de delimitación dos espazos e usos portuarios do porto de Vigo

 

30 de septiembre de 2019

Celebramos o Día das Aves en Punta Balea



Por 16º ano consecutivo, o grupo de anelamento ANDURIÑA convidan ao público a participar no “Día Mundial das Aves”. Coma sempre, os actos serán o primeiro fin de semana de outubro na zona de Punta Balea (de 9:30 a 13:30), no tramo de costa comprendido entre a baleeira e a praia da Areamilla (Cangas, Pontevedra).

Realizaremos dúas actividades diferentes:

O sábado día 5, estaremos con varios telescopios, para que os participantes podan disfrutar das aves mariñas e acuáticas que se alimentan na zona. Haberá varios postos de observación de aves nos que se poderán contemplar diversas aves acuáticas (na lagoa), mariñas (nas praias e mar) e terrestres (na costa). Aínda que non é preciso, recoméndase que aqueles afeccionados que teñan prismáticos na casa, veñan con eles.

O domingo día 6, nenos e maiores poderán seguir con todo detalle as explicacións (teóricas e prácticas) sobre as migracións e o estudio das aves mediante o seu anelamento (marcaxe con anelas).


Recoméndase a asistencia a primeiras horas, nas que as aves están máis activas (e sería máis doado observar un maior número de aves e especies) e, sobre todo, non deixalo para última hora do domingo, na que se produce a maior asistencia de público.

O acto ten unha dobre finalidade. Dunha banda, poñer en coñecemento do público a grande diversidade de especies presente en Punta Balea e doutra, reivindicativa de cara a conseguir a conservación deste espazo natural, situado en solo de protección de espazos naturais.


Respecto disto último debemos lembrar que a Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Darbo (propietaria maioritaria dos terreos) e ANDURIÑA solicitaron ao concello de Cangas a creación dun espazo natural na zona de As Barreiras, Outeiro Balea, Santa Marta, Balea, Areamilla, Punta do Corveiro, Lagoa de Massó e A Congorza-Peirao da Baleeira baixo a figura de ENIL (espazo natural de interese local). Nun Pleno municipal decidiuse iniciar os pasos pertinentes para recadar toda a documentación e información precisa, de cara á tramitación do ENIL, que estaría en fase de elaboración.

2 de mayo de 2019

Escritos para a modificación do DECRETO 38/2019

Acabamos de presentar catro escritos para tentar que catro praias de Cangas consideradas urbanas as cambien a naturais. Pídese que consideren a clasificación como un erro. De considerarse estes areais como urbanas poderán instalarse nelas establecementos de hostelería permanentes (todo o ano) de ata 300 m2. Co impacto ambiental que supón para a fauna e flora do lugar.