Mostrando entradas con la etiqueta Punta Balea. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Punta Balea. Mostrar todas las entradas

30 de septiembre de 2019

Celebramos o Día das Aves en Punta Balea



Por 16º ano consecutivo, o grupo de anelamento ANDURIÑA convidan ao público a participar no “Día Mundial das Aves”. Coma sempre, os actos serán o primeiro fin de semana de outubro na zona de Punta Balea (de 9:30 a 13:30), no tramo de costa comprendido entre a baleeira e a praia da Areamilla (Cangas, Pontevedra).

Realizaremos dúas actividades diferentes:

O sábado día 5, estaremos con varios telescopios, para que os participantes podan disfrutar das aves mariñas e acuáticas que se alimentan na zona. Haberá varios postos de observación de aves nos que se poderán contemplar diversas aves acuáticas (na lagoa), mariñas (nas praias e mar) e terrestres (na costa). Aínda que non é preciso, recoméndase que aqueles afeccionados que teñan prismáticos na casa, veñan con eles.

O domingo día 6, nenos e maiores poderán seguir con todo detalle as explicacións (teóricas e prácticas) sobre as migracións e o estudio das aves mediante o seu anelamento (marcaxe con anelas).


Recoméndase a asistencia a primeiras horas, nas que as aves están máis activas (e sería máis doado observar un maior número de aves e especies) e, sobre todo, non deixalo para última hora do domingo, na que se produce a maior asistencia de público.

O acto ten unha dobre finalidade. Dunha banda, poñer en coñecemento do público a grande diversidade de especies presente en Punta Balea e doutra, reivindicativa de cara a conseguir a conservación deste espazo natural, situado en solo de protección de espazos naturais.


Respecto disto último debemos lembrar que a Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Darbo (propietaria maioritaria dos terreos) e ANDURIÑA solicitaron ao concello de Cangas a creación dun espazo natural na zona de As Barreiras, Outeiro Balea, Santa Marta, Balea, Areamilla, Punta do Corveiro, Lagoa de Massó e A Congorza-Peirao da Baleeira baixo a figura de ENIL (espazo natural de interese local). Nun Pleno municipal decidiuse iniciar os pasos pertinentes para recadar toda a documentación e información precisa, de cara á tramitación do ENIL, que estaría en fase de elaboración.

5 de octubre de 2018

Día das aves 2018


Por 15º ano consecutivo, o grupo de anelamento ANDURIÑA convidan ao público a participar nos actos do “Día Mundial das Aves”. Os actos serán a vindeira fin de semana: O sábado día 6 e o domingo 7 de outubro. Desenvolverase en Punta Balea (de 9:30 a 13:30), no tramo de costa comprendido entre a baleeira e a praia da Areamilla (cun punto de observación fixo nas inmediacións da lagoa). A elección deste lugar non é fortuíta senón que se trata do mellor lugar da Península do Morrazo (e un dos mellores da provincia) para a observación das aves, tanto polo número de especies presentes (unhas 140 ó longo do ano) como polo achegamento que permiten. Haberá varios postos de observación de aves nos que se poderán contemplar diversas aves acuáticas (na lagoa), mariñas (nas praias e mar) e terrestres (na costa). Ao igual que en anos anteriores, nenos e maiores poderán seguir con todo detalle as explicacións (teóricas e prácticas) sobre as migracións e o estudio das aves mediante o seu anelamento (marcaxe con anelas). Haberá telescopios a disposición do público, aínda que se recomenda que aqueles afeccionados que teñan prismáticos en casa veñan con eles.

Recoméndase a asistencia a primeiras horas, nas que as aves están máis activas (e sería máis doado observar un maior número de aves e especies) e, sobre todo, non deixalo para última hora do domingo, na que se produce a maior asistencia de público.

26 de septiembre de 2016

Día das Aves 2016


A vindeira fin de semana comeza unha nova edición deste importante evento organizado por BirdLife International a escala mundial e que en España coordina SEO/BirdLife, para dar a coñecer o apaixonante mundo das aves e os seus problemas de conservación. 

Por 13º ano consecutivo, o grupo de anelamento ANDURIÑA convidan ao público a participar nos actos do “Día Mundial das Aves”. Os actos serán a vindeira fin de semana: O sábado día 1 e o domingo 2 de outubro. Desenvolverase o xa tradicional “Día das Aves” en Punta Balea (de 9:30 a 13:30), no tramo de costa comprendido entre a baleeira e a praia da Areamilla (cun punto de observación fixo nas inmediacións da lagoa). A elección deste lugar non é fortuíta senón que se trata do mellor lugar da Península do Morrazo (e un dos mellores da provincia) para a observación das aves, tanto polo número de especies presentes (unhas 140 ó longo do ano) como polo achegamento que permiten. Haberá varios postos de observación de aves nos que se poderán contemplar diversas aves acuáticas (na lagoa), mariñas (nas praias e mar) e terrestres (na costa). Ao igual que en anos anteriores, nenos e maiores poderán seguir con todo detalle as explicacións (teóricas e prácticas) sobre as migracións e o estudio das aves mediante o seu anelamento (marcaxe con anelas). Haberá telescopios a disposición do público, aínda que se recomenda que aqueles afeccionados que teñan prismáticos en casa veñan con eles.

Recoméndase a asistencia a primeiras horas, nas que as aves están máis activas (e sería máis doado observar un maior número de aves e especies) e, sobre todo, non deixalo para última hora do domingo, na que se produce a maior asistencia de público.

27 de octubre de 2015

Presentada a proposta conxunta de creación do ENIL "Punta Balea-As Barreiras-Santa Marta"

Lagoa de A Congorza, espazo incluido dentro da proposta de ENIL.

Hoxe presentouse no rexistro do concello de Cangas un escrito conxunto pola cal a Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Darbo e a asociación Grupo de Anelamento Anduriña solicitan que se dean os pasos pertinentes para a creación dun espazo natural en Punta Balea, As Barreiras e Santa Marta.

Dende a CMVMC de Darbo e a asociación Anduriña vimos de promover a creación dun Espazo Natural de Interese Local nos montes da Porteliña, da Vela, Areamilla, Barreiras, etc. situados na zona de Balea – Areamilla – Santa Marta, dado que posúen unha extraordinaria riqueza natural e paisaxística.

Proposta de creación de ENIL "Punta Balea-As Barreiras-Santa Marta".

Esta zona destaca pola concentración de multitude de hábitats en moi pouca superficie dando lugar a unha gran riqueza natural e a unha alta diversidade biolóxica. Ocupa unhas 35 ha, das que a práctica totalidade son de propiedade comunal. Este lugar atópase en solo rústico catalogado como de Protección de Espazos Naturais dende 1990, polas normas complementarias e subsidiarias da provincia de Pontevedra.

Os comuneiros de Darbo decidiron en Asemblea incorporar os terreos propiedade da CMVMC de Darbo á proposta de creación do citado Espazo Natural de Interese Local.

Este espazo non é unha illa; atópase no extremo da franxa de territorio catalogado como de Protección de Espazos Naturais, antes citado, que vai dende aquí ata Cabo Home, pasando polas interesantísimas paraxes botánicas das dunas de Liméns e de Nerga - Barra, que actúan de corredor garantindo a entrada e o intercambio xenético das diferentes especies de flora e fauna.

Centaurea sphaerocephala en Punta Corveiro.

A figura de protección máis axeitada para á zona sería o Espazo Natural de Interese Local (dende agora ENIL), regulada polo Decreto 124/2005, do 6 de maio. A Lei 9/2001, do 21 de agosto, de conservación da natureza, define a categoría de ENIL: “Por petición dos concellos e logo de informe da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, a Consellería de Medio Ambiente poderá declarar como espazos naturais de interese local aqueles espazos integrados no termo municipal, que polas súas singularidades sexan merecedores dalgún tipo de protección dos seus valores naturais”.

As vantaxes da declaración do ENIL para o pobo de Cangas son a dispoñibilidade dun espazo natural próximo ao casco urbano para a realización de actividades de lecer, beneficios para a saúde e o benestar, educación ambiental que se poden orientar aos escolares e resto de cidadáns, a creación de itinerarios e módulos didácticos de xeito que permita asistir a visitas guiadas nas que se amose a fauna e a flora da localidade na que viven e a defensa e conservación do Patrimonio. Esta riqueza biolóxica tamén se pode visualizar como unha fonte de recursos para a poboación. O turismo e as actividades recreativas constitúen na actualidade un dos usos máis habituais neste tipo de espazos situados no litoral. Por último, é unha vía para recibir axudas económicas posto que segundo se desprende do artigo 5º do Decreto 124/2005 os ENIL “poderán ter preferencia na obtención de axudas para a súa conservación e xestión”.

Exemplar de Timon lepidus en As Barreiras.

Será preciso elaborar un proxecto de rexeneración integral e de uso do Espazo Natural corrixindo a tendencia actual de progresiva degradación.

O antigo edificio do matadoiro semella idóneo como aula de natureza, que sirva de centro de interpretación, onde se explique aos visitantes as características dos diferentes ecosistemas e as especies que se poden observar, introducíndoos no estudo do medio ambiente e amosándolles a enorme riqueza ecolóxica na procura dunha maior sensibilización cos problemas derivados da humanización do medio natural.

O extraordinario potencial deste espazo natural, tan próximo coma descoñecido, verase estragado de non decretarse unha axeitada protección e xestión dos seus recursos naturais e paisaxísticos.

28 de septiembre de 2015

Un ano máis! O Día Mundial das Aves en Punta Balea


O vindeiro domingo 4 de outubro, o grupo de anelamento Anduriña estará en Punta Balea (Cangas do Morrazo) celebrando o día das aves con actividades para tódolos públicos (marcaxe de aves silvestres, observación e rutas guiadas). 

Este ano a nosa organización celebra o inicio do proceso de protección do futuro Espazo Natural de Interese Local (ENIL) de Punta Balea - As Barreiras. Graciñas aos Comuneir@s de Darbo por participar na conservación do Patrimonio Natural de tod@s aportando os seus terreos!

Difundide e acercádevos!

9 de marzo de 2015

Proposta ao Servizo de Costas de Pontevedra para a restauración de Ribeira do Medio


Dende Anduriña volvemos a solicitar a restauración do areal de Ribeira do Medio ante o Servizo Provincial de Costas de Pontevedra.

Adxuntamos o escrito presentado o pasado venres no Servizo Provincial.



3 de octubre de 2014

Día das Aves 2014

O vindeiro domingo 5 de outubro, o grupo de anelamento Anduriña estará en Punta Balea (Cangas do Morrazo) celebrando o día das aves con actividades como anelamento científico, observación e identificación de aves. 
Habrá guías e telescopios ademáis de boa compañía e moita paixón. 
Difundide e acercádevos!



9 de noviembre de 2012

Máis de 400 persoas participaron no Día Mundial das Aves 2012


Durante o pasado mes de outubro o noso colectivo realizou dúas xornadas con motivo da celebración do Día Mundial das Aves (07 e 28 de outubro de 2012). Ámbalas dúas contaron cunha enorme participación cidadá, aínda que asistiron persoas de tódalas idades, temos que destacar a afluencia de nenos/as o que indica a importancia do evento no eido da educación ambiental.

A participación foi moi elevada

Este ano, ademais da xornada habitual do primeiro fin de semana do mes de outubro (actividade que realizamos ininterrompidamente dende o ano 2004), realizamos un evento conxunto organizado co Club Montañeiro Peña Trevinca. No boletín deste colectivo podemos salientar o seguinte:

Picapeixe (Alcedo atthis), a estrela indiscutible do Día das Aves 2012

Un ano máis celebramos “As Trevincas” IV Xornadas Mediambientais, conscientes da necesidade de fomentar o coñecemento, coidado e respecto polo medio ambiente, e nós os montañeiros ou sendeiristas en particular con máis motivo, dado o noso contacto permanente coa natureza. Confiamos na implicación dos mozos e de nós, os pais, para potenciar valores conservacionistas, fomentando o coñecemento do Medio Ambiente, para que as nosas saídas ao campo ou á montaña poidan contribuír á súa conservación ou recuperación. “As Trevincas 2012” contan coa colaboración de dúas asociacións naturalistas de gran relevancia en Galicia, como son a Sociedade Galega de Ornitoloxía (S.G.O) de Santiago e o Grupo de Anelamento Anduriña de Cangas, aos cales queremos agradecer o traballo realizado no desenvolvemento destas xornadas.

Indicacións realizadas polos aneladores aos participantes

As actividades consistiron en charlas de identificación de especies e observación no campo, acompañadas de marcaxe de aves silvestres.

Telescopios terrestres para facilitar a observación das aves mariñas e limícolas

As notas na prensa local sobre as xornadas: "Balea acoge el fin de semana otra jornada de observación y anillamiento de aves". Faro de Vigo. 06/10/2012. "Una lección al vuelo". Faro de Vigo. 08/10/2012.

Nenos/as observando un paxaro capturado durante a realización da actividade

Moitas grazas a tódolos participantes!!