Continuando co balance de anelamentos do Grupo de Anelamento ANDURIÑA en 2010, iniciado
na entrada anterior restábanos por contar as capturas de aves paseriformes. Os totais relátanse como segue:
Un total de 6.190 capturas, con 5.379 novos anelamentos e 811 recapturas (804 españolas e 7 estranxeiras), froito dun minucioso traballo de campo. A meirande parte destas aves capturáronse nos estudos a longo prazo que se desenvolven na actualidade, como o seguimento de poboacións de aves en entornos de campiña (estacións de esforzo constante de Darbo e Coiro –Cangas- e Santa María de Sacos –Cotobade-, así como noutras zonas, como O Salnés), ou no seguimento do paso postnupcial no esteiro do Miño -A Garda-).
|
Anduriña Hirundo rustica |
Por vez primeira na nosa xa longa traxectoria, a especie con máis anelamentos foi a anduriña (
Hirundo rustica), que dá nome ao noso grupo, con 1237 anelamentos, dos que 273 foron polos en niño, froito do seguimento da reprodución desta especie no Morrazo e das capturas en paso postnupcial polo Esteiro do Miño.
|
Picafollas musical |
|
Phylloscopus trochillus |
A segunda especie máis marcada foi o picafollas musical (
Phylloscopus trochilus) con 764 capturas, que queda relegado do primeiro posto que ocupou no 2009, malia constituir o récord anual histórico de anelamentos para a especie. Cómpre sinalar que a práctica totalidade dos exemplares desta especie son capturados no paso posnupcial.
|
Macho de Papuxa das amoras |
|
Femia de Papuxa das amoras |
|
Sylvia atricapilla |
A papuxa das amoras (
Sylvia atricapilla) con 382 ex. foi a terceira especie máis anelada con algo máis da metade dos exemplares do pasado ano. É a única migradora presahariana das 5 especies máis aneladas.
|
Folosa das canaveiras Acrocephalus scirpaceus |
Da folosa das canaveiras (
Acrocephalus scirpaceus) aneláronse 295 ex., case douscentos menos ca o pasado ano.
En 2010 non se capturou ningunha especie nova de paseriforme; todas elas contaban con algún rexistro no histórico do noso grupo.
|
Escribenta das canaveiras da subespecie nominal Emberiza schoeniclus schoeniclus |
|
Escribenta das canaveiras da subespecie lusitanicus |
|
Emberiza schoeniclus lusitanicus |
As escribentas das canaveiras (
Emberiza schoeniclus lusitanicus) marcáronse dentro do estudo para o plan de recuperación da especie e as folosas acuáticas (
Acrocephalus paludicola) no seguimento do paso postnupcial polo esteiro do Miño, o que pon de manifesto a importancia desta localidade para esta especie ameazada.
|
Papamoscas negro |
|
Ficedula hypoleuca |
Destacan as recapturas dunha folosa acuática (
A. paludicola) marcada en Francia, unha folosa dos xuncos (
A. Schoenobaenus) de Holanda, unha papuxa das amoras (
S. atricapilla) de Francia, tres picafollas musicais (
P. trochilus) británicos e un papamoscas negro (
Ficedula hypoleuca) tamén británico.
|
Folosa acuática |
|
Acrocephalus paludicola |
|
|
|
|
Texto: Antonio Cordeiro
Fotos: Rubén Portas
Fotos A. paludicola: Pablo Sanmartín
1 comentario:
Qué gorda sae a Escribenta da subsp nominal! Digo eu que podíades facerlle algo de "potochop" para que saíra máis favorecida, a pobre...
Unha aperta desde o norte.
Xabi Prieto
Publicar un comentario